martes, 18 de febrero de 2014

Cadete: C.B. Arteixo 34 - 26 Maristas Coruña

Partido correspondente á 14ª xornada da 2ª división cadete masculino disputado o domingo ás 10:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo

34 - 26  (8-6 / 9-2 / 4-11 / 13-7)

Comezaba o partido con defensa moi intensas por parte de ámbolos dous equipos, xa que querían evitar que se producisen grandes diferenzas no marcador ó comezo do partido. Debido a esto, o acerto de cara ó aro era mínimo, finalizando o perido cun 8-6 para os de Arteixo.

No segundo periodo, o desacerto de cara ó aro seguiría sendo a tónica do partido, estando os de Arteixo máis centrados na defensa e logrando algunha canastra grazas ós 1x1. Chegouse ó descanso con vantaxe de 9 puntos para os arteixáns (17-8)

Á volta do descanso, mudaron as tornas, os visitantes estaban máis intensos que os locais na defensa deixándoos case sen anotar e volvendo igualar o marcador, aínda que os arteixáns remataron por diante o periodo (21-19)

No último periodo, seguía a defensa a ser o que dominaba o partido. Conseguiron os visitantes poñerse por diante, pero a gran cantidade de perdas de balón e a defensa local provocou varias situacións de vantaxe no 1x1 ataque arteixán que provocaron canastras fáciles para os de Arteixo, conseguindo levarse a victoria por 34-26

Por parte do C.B. Arteixo xogaron Miguel, Aimán, Jonathan, Javi, Adrián Vázquez, Antón, Mario, José, Carlos e Adrián Ponte
Adestrador: Arkaitz Collazo

Por parte do Maristas Coruña xogaron Sanjurjo, Ponador, Ronco, Redondo, Derco, Otero, Amigo, Ramil e Sánchez
Adestrador: Diego Brañas


A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo visitará ó Obradoiro previsiblemente o sábado ás 12:00 horas no Colexio Obradoiro de A Coruña

No hay comentarios:

Publicar un comentario