Partido correspondente á 14ª xornada da 2ª división junior masculino, disputado o domingo ás 17:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo
52 - 53 (8-12 / 11-6 / 10-10 / 17-18 / 6-7)
Último partido da primeira fase da liga para os de Arteixo e a piques estiveron de dar a sorpresa e impoñerse a un dos líderes da competición, que necesitaron unha prórroga para levarse a victoria de Arteixo.
Comezaba o partido cos arteixáns dominando o xogo. Anotaban con comodidade e recuperaban balóns na defensa a toda pista. Pero eso foi un espellismo, os visitantes reaccionaron para superar a defensa dos de Arteixo e comezaron a dominar o rebote en ámbalas dúas canastras. Esto unido ó desacerto dos locais, fixeron que o marcador sinalase un 8-12 a favor do Liceo.
No segundo periodo, a intensidade defensiva e a agresividade no rebote dos arteixáns fixo que os visitantes non visen aro con comodidade. No ataque volvíase a superar no 1x1 á defensa visitante e aproveitábanse as vantaxes creadas para anotar con certa continuidade. Chegouse ó descanso con vantaxe local de 1 punto (19-18)
No terceiro periodo a igualdade instaurouse no partido. Non conseguía ningún dos dous equipos distanciarse no marcador, aínda así, os locais seguían sempre por diante no marcador. O acerto de cara ó aro viuse reducido e as perdas de balón aumentaron por parte dos dous equipos. Rematou o periodo cun 29-28 no marcador e con todo por decidir no último periodo.
No último periodo chegou o festival anotador por parte de ámbolos dous equipos, o cansanzo xa se notaba nas pernas dos xogadores e non se defendía igual que nos anteriores periodos. Conseguiron os arteixáns despegarse no marcador por 6 puntos, pero a falta de 1 minuto os visitantes puxéronse por diante grazas a unha tripla. Durante o último minuto os adestradores esgotaron os tempos mortos para levarse o partido, pero a falta de 2 segundos unha canastra de Edu levou o partido á prórroga (46-46)
Na prórroga, os arteixáns adiantáronse 50-46 con dúas canastras, pero moitas perdas de balón e os nervios por pechar o partido provocaron imprecisións no ataque local, o que aproveitaron os visitantes para colocarse de novo por diante no marcador grazas a unha canastra e unha tripla. Nas últimas xogadas, unha canastra local e outra visitante deixaron un 52-53 a falta de 4 segundos. A última xogada foi un lanzamento de Fabián dende o frontal que non quixo entrar, facendo que os visitantes se levasen a victoria (52-53)
Gran partido por parte dos dous equipos, gran intensidade e emoción ó longo dos 45 minutos xogados.
Por parte do C.B. Arteixo xogaron Darío (13), Natahel (2), Diego Felípez (4), Juanlu (2), Leo (0), Edu (13), Eloy (0), Diego Pérez (13) e Fabián (5)
Adestrador: Germán Lozano
Por parte do Liceo La Paz xogaron Verea (7), Comedeiro (11), Otero (11), Quintáns (0), Fernández (6), Penroz (16) e Rodríguez (2)
Adestrador: Javier Fernández
A vindeira fin de semana da comezo a segunda fase da competición. O C.B. Arteixo está encadrado no grupo A3 xunto co Ferrol C.B., BCA 96, BCA 97 e Fogar de Santa Margarida. Nos próximos días publicaremos o calendario desta segunda fase.
O primeiro partido será contra BCA 96, previsiblemente o domingo ás 12:00 horas na Polideportiva de Riazor 2
No hay comentarios:
Publicar un comentario