Partido correspondente á 7ª xornada da liga Preminibasket, disputado o sábado ás 17:45 horas no Polideportivo Agra II de A Coruña
25 - 70 (0-24 / 4-6 / 6-14 / 8-15 / 0-2 / 7-9)
Comezou o partido con escaso acerto de cara ó aro dos de Arteixo, o que sumado a unha gran intensidade e acerto de BCA deixaba o marcador dos arteixáns en branco e o partido case sentenciado.
No segundo periodo, aumentaba a intensidade na defensa e o acerto de cara ó aro, igualando o parcial do periodo, pero sempre co control do marcador por parte de BCA.
Nos dous seguintes periodos seguen anotando con comodidade os dous equipos, pero BCA cada vez se distancia máis no marcador, grazas á intensidade e ó movemento de balón.
No quinto periodo, só se anotou unha canastra debido a que os dous equipos estiveron moi ben na defensa, non dando oportunidades de lanzamentos cómodos.
O úlitmo periodo foi moi igualado, mantíñase a boa defensa por parte de ámbolos dous equipos pero o ataque melloraba considerablemente.
Con esta derrota, os pequenos do C.b. Arteixo teñen que mellorar moitas cousas, sabendo que xa levan moita mellora dende o comezo da tempada, pero que aínda poden e deben seguir pulindo detalles e mellorando o seu xogo.
Por parte do C.B. Arteixo xogaron Iker, Martín, Víctor, Diego, Carla, Lucas e Jorge
Adestrador: Víctor García
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o seu partido contra o Santo Domingo de Betanzos en lugar, día e hora por determinar
No hay comentarios:
Publicar un comentario