martes, 4 de febrero de 2014

Cadete: C.B. Arteixo 45 - 60 Mercedarias de Ferrol

Partido correspondente á 13ª xornada da 2ª división cadete masculino, disputado o domingo ás 10:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo

O partido comezou co marcador apretado e con dous bos equipos que querían levarse a victoria, poñendo moita intensidade no xogo. Os de Arteixo plantexaron unha defensa zonal para deter os veloces 1x1 dos ferrolanos cos que sacaron moita vantaxe no partido de ida. Conseguírono e mantíñanse no partido, a pesar de que os de Ferrol tiñan a dianteira no marcador.

No segundo periodo, comezouse a defender a toda pista para tratar de igualar máis aínda o marcador. O nivel de intensidade e traballo era bo, pero non se conseguía darlle a volta ó marcador, polo que os visitantes seguían mandando.

Á volta do descanso os dous equipos estaban moi nerviosos, xa que dous minutos de imprecisións darían vantaxe no partido ó rival. Varias penetracións sinxelas dos visitantes propiciaron que conseguisen unha pequena vantaxe ó rematar o periodo.

No último periodo, os de Arteixo puxéronse as pilas e cunha dura defensa e intensidade no ataque intentaron meterse de novo no partido, ameazando con levarse a victoria. A mediados do periodo, o adestrador do equipo visitante resultou descalificado tras discutir cos árbitros, pero a diferenza no marcador era superior ós 10 puntos e os de Arteixo, por moito que o intentaron, non foron capaces de levarse o partido.

Por parte do C.B. Arteixo xogaron Miguel, Jonathan, Javi, Adrián Vázquez, Antón, Mario, Carlos, José, Adrián Ponte e Víctor.
Adestrador: Arkaitz Collazo


A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o seu partido contra o Calasanz, previsiblemente o domingo ás 12:00 horas no Pavillón do Colexio Calasanz

No hay comentarios:

Publicar un comentario