Partido correspondente á 12ª xornada da 2ª división infantil masculino, disputado o sábado ás 12:00 horas no Pavillón do Colexio Valle Inclán de Oleiros.
77 - 23 (23-6 / 15-4 / 17-10 / 22-3)
Importante paso atrás do C.B. Arteixo, cunha preocupante volta ó pasado...
A primeira parte foi para olvidar, sen espíritu, sen ganas, perdendo innumerables balóns na nosa pista, unha defensa moi blanda no 1x1. Os de Salgado Montrove campaban ás súas anchas, anotando canastras de tódalas cores.
A segunda metade foi un pouco diferente, na que saíu o orgullo dos xogadores de Arteixo, pero non conseguiron que houbese grandes modificacións no marcador final.
Por parte do C.B. Arteixo xogaron Samuel, Fabio, Saúl, Raúl, Simón, Dani, Hugo e Jacobo
Adestrador: Iván García
Por parte do Salgado Montrove xogaron Muledo, Couto, Alonso, Iglesias, Liñares, Pujalte e Rubio
Adestradora: Adriana González
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo recibirá ó BCA 01 no úlitmo partido da primeira fase, buscando volver ó xogo das últimas xornadas
No hay comentarios:
Publicar un comentario