Partido correspondente á 13ª xornada da 2ª división junior masculino, disputado o domingo ás 19:00 horas no Pavillón Municipal Sofía Toro de Cambre.
69 - 58 (8-22 / 32-12 / 16-9 / 13-13)
Comezaba o partido cos arteixáns moi intensos e superiores na defensa, roubando balóns e anotando con facilidade. Un parcial de 0-8 propiciaba o primeiro tempo morto do partido. Os xogadores de Diego Fernández entraban un pouco no partido, pero non eran capaces de frear o ataque arteixán nin estaban cómodos ante a defensa plantexada. Finalizou o primeiro periodo cun 8-22 no marcador.
No segundo periodo as tornas cambiaron. Os locais saíron máis concentrados no ataque, superando comodamente a defensa dos de Arteixo grazas ó acerto no triple unha vez rompían a defensa arteixán. Os de Arteixo xa non xogaban tan cómodos e perdían numerosos balóns ante a defensa local, o que minguaba a súa capacidade anotadora. Chegouse ó descanso co marcador dado a volta (40-34)
A segunda metade foi un quero e non podo por parte dos xogadores de Germán Lozano. Os de Cambre dominaban o ritmo de xogo e os de Arteixo só eran capaces de sumar dende a liña de tiros libres (non anotaron ningunha canastra en xogo no terceiro periodo). Finalizou o terceiro periodo con 13 puntos a favor dos locais (56-43).
O último periodo foi o máis igualado de todo, ámbolos dous equipos mantiñan unha gran intensidade tanto na defensa como no ataque, xa que os cambreses non querían deixar escapar a victoria e os arteixáns non querían perder a cara ó partido. Acabouse o partido con victoria local por 13 puntos de diferenza (69-56)
Gran partido por parte de ámbolos dous equipos, non perdendo a cara ó partido e sen deixar de loitar os 40 minutos.
Por parte do C.B. Cambre xogaron Sanjuán (0), Vázquez (6), Cabado (12), Rivas (2), Pintado (5), Bocelo (7), Fernández (10), Bermúdez (4), Galego (13), Bello (0) e Rodríguez (10)
Adestrador: Diego Fernández
Por parte do C.B. Arteixo xogaron Darío (12), Natahel (2), Diego Felípez (2), Juanlu (1), Iván (7), Edu (13), Eloy (0), Diego Pérez (7), Jacobo (0) e Fabián (12)
Adestrador: Germán Lozano
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o último partido da primeira fase da liga ante o líder Liceo La Paz o domingo ás 17:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo
No hay comentarios:
Publicar un comentario