lunes, 10 de febrero de 2014

Cadete: Calasanz 41 - 45 C.B. Arteixo

Partido correspondente á 13ª xornada da 2ª división cadete masculino, disputado o domingo ás 12:00 horas no Pavillón do Colexio Calasanz.

41 - 45  (7-17 / 10-11 / 16-10 / 8-7)

Comezou o partido cos de Arteixo dominando o campo cunha defensa zonal, impedindo as penetracións e chegando a defender tódolos lanzamentos, o que provocou que os locais non poidesen anotar con comodidade. Finalizou o primeiro periodo cun 7-17 no marcador.

A comezos do segundo periodo, os locais apretaron na defensa e melloraron o ataque para conseguir que os arteixáns non se despegasen. Pola súa banda, os de Arteixo mantiñan o nivel defensivo, pero non estaban tan acertados no ataque, mantendo a diferenza no marcador ó descanso (17-28)

Á volta do descanso, os arteixáns plantexaron unha defensa a toda pista. Non foi efectiva, xa que os locais a superaron e se achegaron no marcador, provocando un novo cambio defensivo para manter a vantaxe no marcador. Finalizou o terceiro periodo cun 33-38 no marcador.

No úlitmo periodo, os dous equipos loitaron pola victoria e mantiveron unha gran intensidade no xogo (sobre todo na defensa). Predominaron as defensas sobre os ataques (parcial de 8-7), non permitindo os arteixáns que os locais dominasen o partido (41-45)

Gran partido dos xogadores de Arkaitz Collazo, que se impuxeron ó segundo clasificado no seu campo.

Por parte do Calasanz xogaron Varela, Sánchez, Lema, Alonso, Alfonso, Nava, Purriños, Rodríguez e Platas

Por parte do C.B. Arteixo xogaron Miguel, Jonathan, Javi, Adrián Vázquez, Antón, Adrián Zas, Mario, José, Carlos, ADrián Ponte e Víctor
Adestrador: Arkaitz Collazo


A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo recibirá ó Maristas Coruña o domingo ás 10:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo

No hay comentarios:

Publicar un comentario