Partido correspondente á 11ª xornada da 2ª división senior masculino, disputado o domingo ás 12:00 horas no Pavillón Javier Gómez Noya de Ferrol.
69 - 80 (17-18 / 25-25 / 11-16 / 16-21)
Reanudábase a competición despois do parón do Nadal cun partido entre os dous últimos clasificados do grupo.
O partido comezou cos locais moi intensos, presionando fortemente a subida do balón, o que poñía en problemas ós nosos debido á ausencia dos dous xogadores que veñen ocupando a posición de base. Os puntos tardaban en chegar, subían pouco a pouco, finalizando o periodo cun 17-18 a favor dos xogadores de Fran Lozano.
No segundo periodo, os ataques superaron claramente ás defensas. Os locais baixaron a súa intensidade e a superioridade dos arteixáns no rebote deron as primeiras vantaxes no marcador claras para os nosos. O periodo finalizou cunha canastra de campo a campo para os locais, que apretaba o marcador ata o 42-43.
Á volta do descanso, os xogadores locais volvían a apretar a subida do balón visitante, deixando de novo unha baixa anotación . O ímpetu local provocaba moitas faltas, que foron aproveitadas polos arteixáns para sumar dende a liña de tiros libres. Finalizou o periodo con 6 puntos de diferenza para os visitantes, 53-59.
No último periodo, os locais trataron de remontar a base de arriscar na defensa, o que provocou de novo gran cantidade de faltas, que deron tiros libres e fixeron que a diferenza ó final do partido fose máis abultada do que deixou ver o partido (69-80).
Por parte do C.D. Recimil xogaron Rodríguez (7), Meizoso (11), Aldrey (5), López (6), Rivera (0), Lorenzo (5), Freire (2), Sedes (17) e Castro (16)
Adestrador: A. Arcos
Por parte do C.B. Arteixo xogaron Rober Garnelo (8), Alex Ocampos (3), Alex Antelo (24), Guille (9), Manu (11), Rober Vilariño (10), Fabián (3) e Ramón (12)
Adestrador: Fran Lozano
A vindeira semana, o C.B. Arteixo terá xornada de descanso. Reanudará a competición o sábado 25 de xaneiro ás 18:00 horas ante o Caferlo Viveiro, no que será o inicio da segunda volta para os arteixáns.
No hay comentarios:
Publicar un comentario