miércoles, 15 de enero de 2014

Infantil feminino: C.B. Arteixo 15 - 30 Obradoiro

Partido aprazado correspondente á 3ª xornada da 2ª división infantil feminina, disputado o domingo ás 12:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.

15 - 30  (4-8 / 3-6 / 6-4 / 2-12)

Comezaba o partido sen árbitros, que tiñan un percance e non podían chegar ó partido. Asumiu as funcións de árbitro Dany, axudante de Andrea.

Xa dende o principio, as xogadoras de Cruz Pena dominaban o xogo e o marcador, xa que as xogadoras de Andrea Álvarez non estaban moi metidas no partido nin acertadas de cara ó aro. Así chegouse ó final do primeiro periodo cun 4-8 no marcador, errando moitos lanzamentos á canastra por parte de ámbolos dous equipos.

O segundo periodo seguía polos mesmos derroteiros, moi pouco acerto de cara ó aro e moitos erros no pase por parte das de Arteixo. Chegouse ó descanso cun 7-14 no marcador.

Á volta do descanso, reaccionaron timidamente as nenas de Andrea, para endosar un parcial de 4-0 e achegarse no marcador. Pero os continuos erros no lanzamento e dúas canastras seguidas das visitantes, volveron a poñer terra de por medio no marcador, finalizando o periodo cun 13-18 no marcador.

O último periodo comezou cos dous equipos sen anotar, pero ós dous minutos de xogo, varios contraataques consecutivos das xogadoras visitantes puxeron terra de por medio no marcador, ampliando a vantaxe ata os 15 puntos finais.

Por parte do C.B. Arteixo xogaron Anaís (2), Laura Botana, Laura Quintáns (2), Andrea, Noelia (2), Vicky, Sonia (9) e Miriam Toja.
Adestradora: Andrea Álvarez

Por parte do Obradoiro xogaron A. Collazo (12), C. Collazo (16), Rodríguez (2), Martínez, Sanmartín e Tarrío
Adestradora: Cruz Pena


A próxima fin de semana, o C.B. Arteixo xogará contra o C.D. Los Rosales en lugar, día e hora por confirmar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario