viernes, 17 de enero de 2014

Partidos para a fin de semana do 18 e 19 de xaneiro

Esta fin de semana, o equipo senior de 2ª división non disputará partido, xa que comeza a segunda volta da competición con xornada de descanso ó ser un número de equipos impar.

Os partidos a disputar son os seguintes:

4ª división senior masculino  8ª xornada  C.B. Arteixo - Dinamo CBAJ
Domingo  19:00 horas  Pazo dos Deportes de Arteixo
Primeiro partido do ano para os xogadores de Germán Lozano, que tratarán de realizar un bo partido ante un rival con un xogo interior por encima dos dous metros de altura. O obxectivo, manterse no partido con intensidade e concentración para poder ter opcións de levarse o partido.
2ª división junior masculino  10ª xornada  C.B. Arteixo - Norinver Narón
Domingo  17:00 horas  Pazo dos Deportes de Arteixo
Primeiro partido do ano para os xogadores de Germán Lozano, que intentarán continuar coa mellora no xogo e conseguir unha victoria ante un equipo correoso para non perder as opcións de conseguir o terceiro posto da clasificación.

2ª división cadete masculino  11ª xornada  C.B. Arteixo - C.B. As Pontes
Domingo  12:00 horas  Pazo dos Deportes de Arteixo
Comeza a segunda volta para os xogadores de Arkaitz Collazo ante un rival de nivel parexo. No partido de ida caeron derrotados os arteixáns nun partido cheo de nervios, polo que se intentará traballar para manterse no partido e confirmar a mellora do equipo dende principio da tempada cunha victoria.

2ª división infantil masculino  11ª xornada  C.B. Arteixo - C.B. As Pontes
Domingo  10:00 horas  Pazo dos Deportes de Arteixo
Partido moi complicado para os xogadores de Iván García, xa que enfronte teñen ó líder invicto da competición. Partido para disfrutar e confirmar ante un rival superior a mellora no nivel de xogo ofensivo e na intensidade defensiva

2ª división infantil feminina  7ª xornada  C.D. Los Rosales - C.B. Arteixo
Sábado  11:15 horas  Pavillón Elviña II (A Coruña)
Partido para seguir mostrando o nivel de traballo da tempada e para volver á senda da victoria para as nenas de Andrea Álvarez despois da derrota da semana pasada ante Obradoiro. A saída do balón e a intensidade defensiva serán importantes á hora de ter opcións de gañar o partido.

Preminibasket  5ª xornada  C.B. Arteixo - Artai C
Sábado  12:30 horas  Pavillón Agra II (A Coruña)
Despois de máis dun mes de espera, os xogadores de Víctor García poderán volver a disfrutar da competición despois dunhas merecidas vacacións de Nadal. Seguir mellorando e disfrutando (tanto nenos e nenas, como adestrador e pais/nais) serán os obxectivos para o partido, ademais de poder conseguir a victoria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario