jueves, 30 de enero de 2014

Preminibasket: Jesuitinas C 35 - 50 C.B. Arteixo

Partido correspondente á 6ª xornada da liga preminibasket masculina, disputado o sábado ás 9:30 horas no Polideportivo Agra II de A Coruña.

35 - 50  (8-4 / 6-10 / 0-6 / 5-10 / 4-14 / 12-6)

Terceira victoria da tempada (segunda consecutiva) para os nenos e nenas de Víctor García.

Durante o primeiro parcial o partido estivo igualado e intenso dende o comezo. A falta de acerto de cara ó aro dos de Arteixo, provocou as primeiras vantaxes de Jesuitinas.

No segundo perido, o nivel de acerto dos nosos foi maior e mellorou a defensa, conseguindo igualar o marcador ó remate do perido.

No terceiro periodo, un gran nivel defensivo en canto a intensidade provocou que Jesuitinas non fose capaz de anotar ningún punto neste periodo, tendo os arteixáns as primeiras vantaxes no marcador.

Á volta do descanso, mantíñase a boa defensa por parte dos nosos ó que se sumaba un gran acerto cara á canastra. Así a vantaxe no marcador foi aumentando paulatinamente.

No último periodo, reaccionou Jesuitinas, que cunha defensa a toda pista moi intensa conseguiu baixar a diferenza de puntos no marcador ata o definitivo 35-50.

Gran traballo de todos e cada un dos compoñentes do equipo. Demostran que con ilusión e ganas pódese realizar un gran traballo e mellorar cada día. Melloría que é latente dende o comezo dos adestramentos aló polo mes de outubro.

Por parte do C.B. Arteixo xogaron Iker, Martín, Víctor, Diego, Carla, Manu, Lucas e Jorge
Adestrador: Víctor García

A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o seu partido contra BCA 05

No hay comentarios:

Publicar un comentario