Partido correspondente á 12ª xornada da 2ª división infantil masculina, disputado o domingo ás 17:00 horas no Pavillón Municipal de Cee.
23 - 54 (5-9 / 0- 9 / 6-20 / 12-16)
Presentábanse os xóvenes de Arteixo no Municipal de Cee con numerosas baixas, pero coa ilusión de conseguir a primeira victoria da tempada.
Comezaba o partido cun ritmo moi pausado, adaptado ó que propoñía Costa da Morte, e os de Arteixo comedidos no seu xogo, ante o temor de non aguantar fisicamente o partido. Así a primeira parte pechouse cunha baixa anotación por parte dos visitantes, pero unha gran defensa permitíalles dispoñer dunha cómoda vantaxe no marcador ó descanso (5-18)
A segunda parte foi totalmente diferente, os de Arteixo déronse conta de que aguantarían perfectamente o partido e comezaron a realizar o seu xogo. Con rápidos contraataques conseguían antoar con facilidade, chegando neste periodo ata os 20 puntos e finiquitando o partido.
O úlitmo periodo foi máis igualado, pero os visitantes volveron impoñerse por 12-16
Noraboa equipo!!! Gran partido e o premio ó bo traballo de todo o ano, agora non se pode parar!!!
Por parte do ACB Costa da Morte xogaron Lado, Insua, Martínez, Outes, Olveira, García, López, Nemiña, e Pais
Adestrador: George Manuel Álvarez
Por parte do C.B. Arteixo xogaron Raúl, Simón, Fabio, Hugo, Jacobo e Dani
Adestrador: Iván García
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o seu partido contra Salgado Montrove o sábado ás 12:00 horas no Pavillón do Colexio Valle Inclán de Oleiros
No hay comentarios:
Publicar un comentario