martes, 21 de enero de 2014

Preminibasket: C.B. Arteixo 71 - 34 Artai C

Partido correspondente á 5ª xornada da liga Preminibasket masculino disputado o sábado ás 12:30 horas no Polideportivo Agra II de A Coruña

71 – 34  (12-8 / 6-4 / 15-4 / 8-7 / 18-0 / 12-11)

Comezaba o partido moi igualado, con accións meritorias de cara ó aro pero que non remataban en canastra. Os xogadores de Víctor García estaban máis acertados de cara ó aro para chegar con vantaxe ó final do periodo.

O segundo periodo continuaba polos mesmos derroteiros, igualdade no xogo pero cos de Arteixo sempre por diante no marcador.

No terceiro periodo chegou o despegue definitivo dos arteixáns, moi acertados de cara ó aro e moi intensos na defensa e no rebote, provocando que se chegase ó descanso con 17 puntos de vantaxe.

Á volta do descanso volveuse igualar o xogo, pero con pouca anotación por ámbalas dúas partes. Foi no quinto periodo cando os arteixáns ampliaron de novo as diferenzas no marcador grazas a un parcial de 18-0, o cal rompía definitivamente o partido

O último periodo volveu a ser igualado, pero baixou o nivel de xogo dos dous equipos con moitas perdas de balón e pouco xogo colectivo.

Continúan os xogadores de Arteixo coa súa mellora no xogo ofensivo e defensivo, aínda que hai que mellorar a concentración en determinados momentos do partido. Pero o máis importante é que os nenos e nenas seguen a disfrutar co baloncesto e fan disfrutar ós pais/nais e adestradores.

Por parte do C.B. Arteixo xogaron Carla, Manu, Lucas, Martín, Diego, Víctor, Jorge e Iker.
Adestrador: Víctor García


A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o seu partido contra  en día, hora e lugar por determinar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario