Partido correspondente á 11ª xornada
da 2ª división infantil masculino disputado o domingo ás 10:00 horas no Pazo
dos Deportes de Arteixo.
24 – 80 8-24 / 4-32 / 6-14 / 6-10)(
Prevíase un partido complicado
contra o primeiro clasificado da liga, pero co obxectivo de seguir mellorando
os resultados da primeira volta.
O partido comezaba mal para os de
Arteixo, os de As Pontes anotaban con moita facilidade, tanto en ataque
posicional como en rápidos contraataques. Mentres tanto os locais non
conseguían atopar o aro rival.
Así podemos dicir que a primeira
parte convertiuse nun pequeno pesadelo que facía presaxiar o peor para a
segunda metade.
Sen embargo o panorama cambiou na
segunda parte, unha vez máis, cambiou por completo…
Unha defensa moito máis agresiva e
con máis axudas, unha maior actividade no rebote propiciaron que os xóvenes de
Arteixo poidesen realizar rápidos contraataques. Incluso por momentos
realizaron unha defensa a toda pista que deu os seus froitos en forma de balóns
recuperados.
En fin, unha segunda metade moi
ilusionante contra un gran equipo. Hai que tratar de xogar un partido completo
coa intensidade das segundas partes!!!!
Por parte do C.B. Arteixo xogaron
Saúl, Raúl, Yago, Samuel, Simón, Hugo, Dani, Jacobo e Fabio
Adestrador: Iván García
Por parte do C.B. As Pontes xogaron
Otero, Verez, Galdo, Varela, Martínez, S. Castro, Seoane, Orejas, F. Castro e
Fraguío
Adsestrador: J.A. Valcárcel
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo
desprazarase a Cee para xogar o domingo ás 17:00 horas contra o ACB Costa da
Morte no Pavillón Municipal de Cee
No hay comentarios:
Publicar un comentario