Partido correspondente á 11ª xornada da 2ª división junior masculino, disputado o sábado ás 16:00 horas no Polideportivo de A Malata de Ferrol.
59 - 57 (18-19 / 9-11 / 10-11 / 22-16)
Partido moi intenso e igualado, que se resolveu a favor dos locais a falta de 3,3 segundos grazas a unha tripla de Maíz.
Comezaba o partido cos de Arteixo mermados polas baixas (só se contaba con 8 efectivos), aínda así, plantexouse un partido duro e intenso na defensa e buscando as opcións de 1x1 no ataque. Grazas a esto os de Arteixo disparábanse no marcador, chegando a ter vantaxes de ata 6 puntos, que se vían reducidos a 1 ó remate do periodo debido a varias perdas de balón (18-19)
No segundo periodo, o partido mantívose igualado no marcador. Os de Arteixo reboteaban ben na defensa, pero no ataque non conseguían manter o nivel de anotación do primeiro periodo. Aínda así, chegábase con 3 puntos de vantaxe no marcador (27-30)
Tras o descanso, o xogo foi menos fluido e o acerto mantíñase baixo por parte dos dous equipos. Había alternancias no marcador, pero os de Arteixo mantíñanse por diante e aumentaban nun punto a súa diferenza (37-41)
O último periodo foi moi intenso, mantíñase a igualdade no marcador, pero con continuas alternancias. A falta de 2 minutos parecía que os locais se escapaban xa que conseguían unha vantaxe de 5 puntos. Pero tras o tempo morto, dúas canastras consecutivas tras saque de banda e un bo ataque poñían de novo ós de Arteixo por diante. A falta de 20 segundos, os locais dispoñían dun ataque para gañar o partido (o marcador sinalaba un 56-57). Non conseguían anotar na primeira tentativa, pero reboteaban en ataque e dispoñían dun saque de banda a falta de 8 segundos. Deseñaron xogada no tempo morto, os de Arteixo defenderon ben, pero a tripla lanzada por Maíz punteada por dous defensores arteixáns rematou no aro. Dispuxeron os de Arteixo dun saque de banda en campo contrario, pero a tripla de Diego non entrou, quedando a victoria en Ferrol (59-57)
Gran partido dos 8 compoñentes do equipo que se desprazaron a Ferrol, nun partido cheo de ganas e intensidade.
Por parte do Ferrol C.B. xogaron Tajuelo (2), Pérez (0), Cebral (7), Muíños (2), Sixto (11), Deive (0), Dopico (3), Rodeiro (19), Maíz (11), Castro (2) e Sánchez (3)
Adestrador: Javier Uría
Por parte do C.B. Arteixo xogaron Darío (13), Natahel (0), Juanlu (8), Miguel (0), Leo (0), Edu (16), Eloy (1) e Diego Pérez (19)
Adestrador: Germán Lozano
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o seu partido contra BCA 96 o domingo ás 17:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo
No hay comentarios:
Publicar un comentario