Partido correspondente á 12ª xornada da 2ª división cadete masculino, disputado o sábado ás 10:00 horas no Colexio Compañía de María .
58 50 (14-16 / 17-8 / 12-8 / 15-18)
Comezou o partido cunha dura e pechada defensa zonal por parte dos locais, o que provocaba que os de Arteixo non poidesen atacar como querían. Debido ó reducido espazo do campo, non lle costaba ós locais colocarse rápido na defensa e impedía que os de Arteixo poidesen xogar rápido nin realizar contraataques. Aínda así, finalizou o primeiro periodo con vantaxe visitante (14-16)
No comezo do segundo periodo, os de Arteixo non conseguían anotar, mentres que os locais anotaban con facilidade dende a liña de tres puntos. Os de Arteixo continuaban intentándoo, pero o aro seguía a pecharse. Chegouse ó descanso con 7 puntos de vantaxe local (31-24)
Despois do descanso, os de Arteixo respondían plantexando unha defensa zonal debido ás canastras fáciles recibidas baixo o aro, e saíndo a puntear os tiros, provocando que os locais menguasen a súa anotación. Aínda así, a diferenza aumentaba no marcador (43-32)
No último periodo, os de ARteixo seguiron loitando para levarse o partido, pero un par de triplas anotadas polo equipo contrario fixo que aumentase a súa motivación e ós de Arteixo acabábaselles o tempo. A falta de dous minutos, os de Arteixo metéronse no partido, pero unha tripla que se saiu de dentro e a posterior anotación dos locais dende 6,75 certificaron a derrota dos arteixáns. Finalizou o partido cun 58-50 no marcador.
Por parte do C.B. Arteixo xogaron Miguel, Jonathan, Javi, Adrián Vázquez, Adrián Zas, Mario, José, Carlos, Adrián Ponte e Víctor.
Adestrador: Arkaitz Collazo
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o seu partido contra o líder Mercedarias de Ferrol o domingo ás 10:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo
No hay comentarios:
Publicar un comentario