Partido correspondente á 11ª xornada
da 2ª división cadete masculino, disputado o domingo ás 12:00 horas no Pazo dos
Deportes de Arteixo.
36 – 45 (7-6 / 9-15 / 10-15 / 10-9)
Comezaba o partido moi igualado a
ámbolos dous lados do campo, cunha boa defensa pero un ataque un tanto frouxo,
o que provocou que o resultado do primeiro periodo fose só de 7-6 a favor dos
de Arteixo.
No segundo periodo, os de Arteixo
saíron cunha páxara na cabeza. Non había intensidade no ataque nin na defensa,
o que facilitaba que o equipo visitante se puxese por diante no marcador e
dominase o ritmo de xogo, chegándose ó descanso cun 16-21 no marcador.
Despois do descanso, os arteixáns
saían negados de cara ó aro, tendo que lanzar moitas veces para poder anotar.
Pola súa banda, os de As Pontes aproveitaban os rebotes ofensivos para
distanciarse no marcador ata chegar ós 10 puntos de vantaxe ó final do periodo
(26-36).
No último periodo, un arranque de
intensidade dos locais fixo que se colocasen a 3 puntos no marcador, pero a
falta de acerto e os tiros libres dos visitantes sentenciaron o partido,
deixándoo en 9 puntos de diferenza (36-45)
Por parte do C.B. Arteixo xogaron
Víctor, José, Miguel, Jonathan, Javier, Antón, Adrián Ponte, Adrián Vázquez, Adrián
Zas, Carlos e Mario.
Adestrador: Arkaitz García
Por parte do C.B. As Pontes xogaron Verez,
Allegue, Fraguío, Pico, Roque, Paros, Rial, Orejas, Ramos e Caluo
Adestrador: Vicente Seoane
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo
xogará contra Compañía de María de A Coruña o sábado ás 16:00 horas no Pavillón
do Colexio Compañía de María.
No hay comentarios:
Publicar un comentario