Volve de novo a competición para os nosos equipos, aínda que non todos teñen partido esta fin de semana.
Os únicos equipos que terán partido serán o equipo senior de 2ª división, que pecha a primeira volta da competición en Ferrol, e o equipo infantil feminino, que disputa o seu partido aprazado contra o Obradoiro.
O resto de equipos terán que esperar unha semana máis para iniciar a competición no 2014.
2ª división senior masculino 11ª xornada C.D. Recimil Ferrol - C.B. Arteixo
Domingo 12:00 horas Pavillón Javier Gómez Noya de Ferrol
Remata a primeira volta da competición para os xogadores de Fran Lozano cun duelo de colistas da competición. Ámbolos dous equipos están só cunha victoria no seu casilleiro, polo que a victoria implica abandonar o último lugar da clasificación e ter opcións de comezar a despegar na clasificación.
2ª división infantil feminina Aprazado da 3ª xornada C.B. Arteixo - Obradoiro
Domingo 12:00 horas Pazo dos Deportes de Arteixo
Partido complicado para as nenas de Andrea Álvarez, xa que o equipo colexial só perdeu un partido (ante o líder Salgado Montrove) e conta as súas victorias con victorias amplas.
As nenas de Andrea tratarán de continuar coa mellora no xogo e na intensidade para disfrutar e seguir sumando victorias no seu casilleiro que lles permitan manterse nos postos altos da clasificación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario