Enfrontábanse as xogadoras do Club Baloncesto Arteixo ante un agresivo Sta. María del Mar, o cal se presentaba ao encontro con 6 xogadoras.
Comezaba o primeiro cuarto cunha intensa defensa por parte de ámbolos dous equipos. Non estiveron moi acertados en tiros de 2, destacaron os erros por parte das locais, que parecía que non se atrevían a entrar e penetrar na zona para conseguir unha boa canasta.
Estos erros en tiro víronse reflectidos no parcial do primeiro cuarto, 5-4 a favor das xogadoras de Andrea.
Tras o minuto de descanso entre cuarto e cuarto, as xogadoras do C.B. Arteixo viron que era importante penetrar na zona para conseguir algún punto que as levase por riba no marcador, así como unha defensa activa e intensa para impedir que as rivais anotasen facilmente. Seguiuse igual que no primeiro cuarto, erros en tiro por non ser capaces de penetrar e tamén erros nos pases das xogadoras.
O parcial deste cuarto resultou ser igualado, sendo este 4-4.
Rematado o descanso, si saíron as xogadoras locais con outra actitude de xogo á pista. Comezouse a atacar a zona, buscando os pases interiores para poder anotar con certa 'comodidade'. Aínda así, quedaba moito traballo por realizar.
A defensa por parte do C.B. Arteixo impediu que as rivais tan só anotasen 4 puntos, poñéndose o local por riba no marcador, con 5 puntos de diferencia.
O parcial foi o seguinte 8-4.
Xa metidas de cheo no partido con ganas de outra victoria para a casa, seguiuse a buscar pases interiores, penetración e tiros doados para convertilos en puntos. Os rebotes, tanto ofensivos como defensivos, foron decisivos. A diferencia neste cuarto foi máis notoria, a defensa das locais só encaixou unha canasta nos 10' de xogo, anotando elas outros 8 puntos, sendo o parcial moi favorable para o C.B. Arteixo, 8-2.
Por parte do C.B. Arteixo: Rey (2), Botana (2), Quintáns, Alvedro, Carracedo (10), Ogando, Blanco (2) e Sánchez (9).
Adestradora: Andrea Álvarez
Por parte do Sta. María del Mar: Araujo (6), Aguirrezabala (2), Vidal, De la Colina (2), Benito (4) e Manso.
Adestradora: Mantiñán A.
Arriba: Alvedro, Blanco, Botana, Ogando, Carracedo e Sánchez Abaixo: Quintáns e Rey |
No hay comentarios:
Publicar un comentario