Animamos a todos os xogadores e xogadoras do club, así como ós pais, nais, amigos e amigas (de 6 anos en diante) a participar e disfrutar dun día practicando e disfrutando este deporte.
Normativa que se indica no díptico de inscrición:
û Poderá participar neste torneo calquera persoa que o
desexe, a partir de 6 anos.
û Os equipos estarán formados por un mínimo de 3 e un
máximo de 5 xogadores/as dun grupo homoxéneo en idade. Os equipos poderán ser
masculinos, femininos ou mixtos, establecéndose as categorías en función das
idades, non do sexo dos participantes.
û As categorías estableceranse da seguinte maneira:
û Pre-benxamín ð Nados no ano 2007 e 2006 (6-7 anos)
û Benxamín ð Nados nos anos 2004 e 2005 (8-9 anos)
û Alevín ð Nados nos anos 2002 e 2003 (10-11 anos)
û InfantilðNados nos anos 2000 e 2001 (12 e 13 anos)
û Cadete ð Nados nos anos 1998 e 1999 (14 e 15 anos)
û Junior ð Nados nos anos 1996 e 1997 (16-17 anos)
û Senior ð Nados no ano 1995 e anteriores (máis de 18 anos)
As idades dos compoñentes dos equipos serán
homoxéneas, e a poder ser dentro destas franxas. Se é necesario, aceptarase que
un xogador poida xogar na categoría inmediatamente superior á que lle
corresponda.
û Para inscribirse correctamente débese cubrir o cupón
que se achega cos datos de tódolos xogadores, e entregalo na oficina do
C.B.Arteixo (no Pazo dos Deportes) ou ben envíalo por correo electrónico a
club.baloncesto.arteixo@hotmail.com
û O prazo de inscrición
remata o sábado 21 de decembro.
û Os horarios dos partidos estarán a disposición de todos a
partir do luns 23 de decembro no
Pazo dos Deportes de Arteixo, así como o regulamento do torneo. Tamén os
enviaremos por correo electrónico a aqueles xogadores que nos faciliten o seu
enderezo.
TODOS OS XOGADORES MENORES DE 18 ANOS, DEBEN ACHEGAR A AUTORIZACIÓN ASINADA
POLO PAI/NAI.
PARA DÚBIDAS OU CONSULTAS: 606 276 115/699 491 546
ESPERAMOS VERVOS A TOD@S !
No hay comentarios:
Publicar un comentario