Os partidos desta fin de semana son os seguintes:
2ª división senior masculino 10ª xornada C.B. Arteixo - Culleredo
Domingo 12:00 horas Pazo dos Deportes de Arteixo
Penúltima xornada da primeira volta para os xogadores de Fran Lozano, na que intentarán conseguir a segunda victoria da tempada e cerciorar a mellora no xogo das últimas xornadas. Con esta victoria conseguiríase o empurrón definitivo para subir postos na clasificación.
4ª división senior masculino 7ª xornada IDEFIC - C.B. Arteixo
Venres 20:45 horas Polideportivo Normal (Antiga facultade de Maxisterio de A Coruña)
Partido complicado para os xogadores de Germán Lozano, posto que se enfrontan a un dos líderes da clasificación e ante os que xa sucumbiron en Arteixo por 35 puntos de diferenza. Repetir o nivel de traballo da anterior xornada é o obxectivo para estar no partido e ter opcións de levarse a victoria.
2ª división junior masculino 8ª xornada Maristas Coruña - C.B. Arteixo
Sábado 20:00 horas Colexio Maristas (A Coruña)
Comeza a segunda volta da liga para os xogadores de Germán Lozano ante un rival que sempre se lles deu mal ós de Arteixo, e que tratarán de romper por fin a racha ante o equipo colexial. Preséntase un partido igualado cos dous equipos empatados na terceira plaza da clasificación con 3 victorias cada un.
2ª división cadete masculino 9ª xornada
O equipo cadete adestrado por Arkaitz Collazo ten xornada de descanso
2ª división infantil masculino 7ª xornada C.B. Artai - C.B. Arteixo
Partido aprazado para o sábado 21 de decembro ás 12:00 horas no Polideportivo Bergantiños de Carballo, a petición do C.B. Arteixo
A vindeira fin de semana os xogadores de Iván García terá que doblar xornada, xogando o sábado en Carballo e o domingo en Arteixo contra o Electrorayma Narón.
2ª división infantil feminina 5ª xornada
As nenas de Andrea Álvarez contan con xornada de descanso esta fin de semana
Preminibasket 4ª xornada Jesuitinas B - C.B. Arteixo
Sábado 18:45 horas Polideportivo de A Sardiñeira (A Coruña)
Novo partido para que os nenos e nenas de Víctor García sigan mellorando e disfrutando do baloncesto, sen olvidarse de intentar pelexar por conseguir a segunda victoria da tempada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario