Partido correspondente á 8ª xornada da 2ª división junior masculino, disputado o sábado ás 20:00 horas no Pavillón do Colexio Maristas de A Coruña
56 - 52 (12-10 / 12-15 / 17-14 / 14-13)
Partido moi emocionante e moi intenso entre dous equipos que deixaron todo na pista e que se levou Maristas por estar máis acertado nos minutos finais.
Comezaba o partido cos locais mandando no marcador, sobre todo grazas ó rebote ofensivo. Os de Arteixo conseguían boas opcións de lanzamento nas accións de 1x1 pero non estaban acertados de cara ó aro. Finalizaba o primeiro periodo con dous puntos de vantaxe para os locais (12-10)
No segundo periodo as tornas non cambiaron, pero os arteixáns eran capaces de superar a presión defensiva local conseguindo accións de superioridade finalizadas con éxito. Lográbase controlar o rebote defensivo e coller moitos rebotes de ataque para anotar. Os locais mantiñan o seu acerto de cara ó aro arteixán, pero non conseguían chegar con vantaxe ó descanso (24-25)
Á volta do descanso, os locais apretaron máis en defensa e os de Arteixo non eran capaces de superar a presión igual que na primeira metade, conseguindo así poñerse con 6 puntos de vantaxe, que foron pouco a pouco sendo recortados polos xogadores de Germán Lozano unha vez se tranquilizaron e superaron a presión local. Así conseguíase anotar en vantaxe, e no ataque estático mediante balóns interiores e no 1x1. Aínda así, os locais conseguiron manter a vantaxe ó finalizar o periodo (41-39)
Xa no último periodo, os dous equipos plantaxaban unha defensa zonal para controlar o rebote e o marcador. Todo o periodo transcorreu co marcador igualado ata que a falta de 3 minutos, unha serie de perdas de balón dos arteixáns provocaron que os locais volvesen a ter unha vantaxe de 6 puntos que parecía que resultaba definitiva. Aínda así, os de Arteixo non se renderon e chegaron a falta de 4 segundos con tres tiros libres a favor e 4 puntos de desvantaxe. Desgraciadamente, non conseguimos anotar ningún dos tres tiros libres e o partido rematou con victoria local (56-53).
Destacar o gran partido realizado por tódolos xogadores, sobre todo a nivel defensivo e de intensidade. Seguimos nunha gran liña de traballo, coa que se conseguirá facer moi boas cousas e mellorar día a día.
Por parte do Maristas Coruña xogaron Oro (4), Millán (-), Escariz (2), Martínez (7), Vales (0), Merino (15), Lago (-), Sández (9), Dorrego (16) e Seijas (3)
Adestrador: Carlos Illanes
Por parte do C.B. Arteixo xogaron Darío (4), Natahel (0), Diego Felípez (1), Juanlu (2), Miguel (5), Leo (4), Iván (0), Edu (8), Eloy (3), Diego Pérez (5), Jacobo (0) e Fabián (20)
Adestrador: Germán Lozano
Ata o vindeiro ano non volverá a haber xornada, polo que o seguinte partido do C.B. Arteixo disputarase o domingo 19 de xaneiro ás 17:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo contra o Norinver Narón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario