lunes, 16 de diciembre de 2013

Senior 4ª división: IDEFIC 79 - 26 C.B. Arteixo

Partido correspondente á 7ª xornada da 4ª división senior masculino, disputado no Pavillón Universitario Normal de A Coruña.

79 - 26 (16-10 / 24-6 / 16-2 / 23-8)

O marcador reflexa o que foi o partido e o nivel de intensidade e concentración de cada equipo. Todo esto sen querer desmerecer o traballo dos xogadores e adestrador de IDEFIC.

Comezaba o partido cos de Arteixo dormidos, encaixando un parcial de 10-2 en apenas 3 minutos. Despois do tempo morto solicitado, axustouse na defensa do 1x1 e no rebote defensivo, para volver a entrar no partido grazas á intensidade e á concentración, finalizando o periodo con 6 puntos de vantaxe para os locais (16-10)

Pero xa no comezo do segundo periodo, a intensidade dos locais afogou ós de Germán Lozano, que baixaron o nivel de intensidade véndose superados case continuamente polos xogadores locais. Chegouse ó descanso con vantaxe para os locais de máis de 20 puntos (40-16)

Lonxe de mellorar o nivel defensivo do equipo, á volta do descanso o nivel de acerto de cara ó aro foi pésimo. De feito só se anotou unha canastra en xogo e esta foi a falta de 2 minutos para rematar o periodo. Pola súa banda, os locais seguían a facer o seu xogo a pracer para aumentar de novo a diferencia no marcador (56-18)

O último periodo, simplemente foi innecesario, xa que o partido estaba completamente roto e só serviu para que a vantaxe dos locais aumentase xa que non descenderon a súa intensidade e o seu nivel de xogo. Chegouse ó final do partido cunha vantaxe superior ós 50 puntos (79-26)

Moito hai que cambiar, xa que despois de estar en partido contra o C.D. Recimil e coller ánimos de cara ós demais partidos, non se pode tirar pola borda nin dar a imaxe de equipo vencido xa no segundo periodo contra ningún rival por superior que sexa.
Só se pode destacar do partido o debut de Miguel Díaz, xogador junior de primeiro ano, co equipo.

Por parte de IDEFIC xogaron Fernández (4), García (6), J. Pérez (2), Rodríguez (13), Dapena (2), M. Pérez (4), Cobos (8), Timiraos (16), J. Pérez (17) e Niñe (7)
Adestrador: Iván García

Por parte do C.B. Arteixo xogaron Miguel (3), Cotelo (2), Juan Carlos (3), Pavo (3), Víctor (2), Arkaitz (8), Dylan (0), Pablo (2) e Dany (3)
Adestrador: Germán Lozano


O próximo partido do C.B. Arteixo será xa o vindeiro ano 2014. O partido será ante Dinamo CBAJ o domingo 19 de xaneiro ás 19:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario