lunes, 16 de diciembre de 2013

Senior 2ª división: C.B. Arteixo 50 - 54 Culleredo

Partido correspondente á 10ª xornada da 2ª división senior masculino, disputado o domingo ás 12:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo

50 - 54 (17-18 / 7-15 / 12-10 / 14-11)

De novo se resiste a victoria nun partido igualado, esta vez foi no derby ante o Culleredo.

Comezou o partido con cada equipo realizando o seu papel e buscando as súas vantaxes, os de Arteixo no lanzamento exterior e os de Culleredo preto do aro. Co estas premisas, o marcador mantívose igualado, rematando o periodo cun 17-18 no marcador.

No segundo periodo, viñeron os peores momentos dos xogadores de Fran Lozano. Varias perdas de balón provocaron contraataques que facían que os visitantes se despegasen no marcador, chegándose ó descanso con 9 puntos de vantaxe para os visitantes (24-33)

Ó comezo do terceiro periodo, os de Culleredo aumentaron o nivel defensivo incomodando ós de Arteixo nos seus ataques. A diferenza no marcador chegou ós 14 puntos, pero ó final do periodo, dúas triplas deixaron a diferenza en 7 puntos (36-43)

O partido igualouse no último periodo, chegándose ó último minuto con 5 puntos a favor dos visitantes. Unha canastra e o posterior roubo de balón e contraataque, puxeron a desvantaxe en 2 puntos, pero os visitantes anotaron tras unha nova perda de balón dos de Arteixo, deixando o marcador no definitivo 50-54

Por parte do C.B. Arteixo xogaron Ramón (4), Rober Garnelo (0), Álex Antelo (14), Guille (13), Manu (2), Lute (4), Rober Vilariño (4) e David (9)
Adestrador: Fran Lozano

Por parte do Culleredo xogaron Janeiro (4), Liñares (9), Calviño (13), Vilariño (2), Díaz (5), Malpica (2), Blanco (14) e Hoyo (5)
Adestrador: Luis Folla


O próximo partido do C.B. Arteixo disputarase xa no 2014, o 12 de xaneiro ás 12:00 horas contra o C.D. Recimil no Polideportivo Javier Gómez Noya de Ferrol.

No hay comentarios:

Publicar un comentario