Partido correspondente á 6ª xornada da 4ª división masculino, disputado o domingo ás 19:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.
47 - 59 (11-18 / 14-15 / 10-19 / 12-7)
Presentábase un dos líderes do grupo no Pazo dos Deportes. Coa idea de que sería un partido plácido para os de Ferrol, sobre todo se pensamos no partido inaugural da liga, onde os de Arteixo perderon por 43 puntos de diferenza. Pero moi lonxe da realidade esta posible suposición do que podía ser o partido.
Saíron os de Germán Lozano moi activos na defensa e incisivos no ataque. De feito, anotaron a primeira canastra do partido tras rebote ofensivo. O balón circulaba de lado a lado do campo, chegaba en boas condicións ós interiores, e sobre todo, controlábase o rebote defensivo, sen deixar case ningunha segunda opción ós ferroláns. Un pequeno arreón final, deixou sete puntos de vantaxe para os visitantes (11-18)
A intensidade dos arteixáns mantívose e mellorou a toma de decisións no ataque, sobre todo basando o xogo no interior e aproveitando as vantaxes que xeneraba. Na defensa, as alternancias facía dubidar lixeiramente ós visitantes, acompañadas da intensidade de todos e cada un dos xogadores facían que ó descanso a diferenza estivese en só 8 puntos (25-33) e coa sensación de que se podía pelexar por gañar.
Á volta do descanso, os arteixáns seguían intensos, pero moi desacertados de cara ó aro. Desto aproveitouse o equipo visitante, poñendo terra de por medio no marcador, chegando incluso a superar os 20 puntos de diferenza no marcador. Un arreón arteixán, deixou a diferenza ó remate do terceiro periodo nos 17 puntos (35-52)
O último periodo foi de claro color verde, volveron a aumentar a intensidade na defensa e pechando o rebote. Mentres que no ataque, o balón volvía a circular con velocidade, as liñas de pase ofrecíanse a tempo e o acerto era bo de cara ó aro. Non chegou o tempo para remontar moito, pero chegamos a estar por debaixo dos 10 puntos antes de rematar o partido. Finalmente a diferenza quedou en 12 puntos (47-59)
Gran partido de cada un dos xogadores, estivesen máis ou menos minutos na pista. Moi boa circulación de balón, gran actividade defensiva e intensidade ó longo dos 40 minutos. Aínda que non houbo moitas opcións reais de poder gañar, nunca se lle perdeu a cara ó partido e, o mellor de todo, que non tivemos a típica páxara de 5 minutos que fai que os rivais se vaian a 30 puntos de diferenza.
Todo esto resúmese nun gran cambio con respecto ós partidos da primeira volta.
¡¡¡Gran traballo!!!
Por parte do C.B. Arteixo xogaron Cotelo (13), Juan (2), Juan Carlos (5), Manu (8), Víctor (10), Arkatiz (4), Dylan (1), Pablo (2), David (2) e Dany (0)
Adestrador: Germán Lozano
Por parte do C.D. Recimil xogaron Fernández (8), Ansede (2), López (10), Yáñez (5), Rodríguez (8), Maneiros (0), Dopico (12), Lorenzo (2) e Jove (8)
Adestrador: J.P. Maneiros
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo non disputará partido por ser a Ponte da Constitución. O seguinte partido disputarase o venres 13 de decembro contra IDEFIC ás 20:45 horas no Pavillón Univeristario Normal (Antiga Facultade de Maxisterio de A Coruña), no que será o último partido do 2013 para os xogadores de Germán Lozano
No hay comentarios:
Publicar un comentario