lunes, 2 de diciembre de 2013

Senior 2ª división: Instituto Rosalía 85 - 47 C.B. Arteixo

Partido correspondente á novena xornada da 2ª división senior masculino, disputado no Pavillón do Instituto Rosalía de Castro de Santiago

85 - 47  (19-7 / 24-12 / 19-16 / 23-12)

O marcador final explica facilmente o que foi o partido. Vantaxe de 38 puntos para os xóvenes xogadores de Ángel Castro.

Outra vez, e xa non se sabe cantas van, o equipo comeza frío o partido, sen intensidade e o resultado vaise a un 14-0, cos locais xogando a placer e os de Arteixo sen puntería e cunha defensa moi frouxa. Finalizou o primeiro periodo 19-7.

No segundo periodo tocaba outra vez intentar remontar, pero esta vez nin nos acercamos. Melloramos no ataque, pero na defensa estábamos sempre superados, cometendo moitas faltas que lle deron ós locais ata 11 puntos dende o tiro libre neste periodo. Ó descanso, 24 puntos que deixaban o partido sentenciado.

O terceiro periodo foi o máis igualado. Os locais baixaron o ritmo e poidemos xogar máis cómodos, pero aínda así a diferenza aumentaba en tres puntos (62-35)

O último periodo sobrou por completo, os locais seguían xogando cómodos, lanzando con moito acerto (como en todo o partido) e chegamos ó final cos mencionados 38 puntos de diferenza, nun partido para esquecer por completo.

A única nota positiva do partido foi o debut na 2ª división masculina de Darío Pazos, xogador do equipo junior.

Por parte do Isntituto Rosalía xogaron García (1), Barreiro (14), Orejas (11), Cid (2), Bernárdez (9), Valcárcel (8), Sanmartín (2), Hernández (23), Fernández (11) e Goday (5)
Adestrador: Ángel Castro

Por parte do C.B. Arteixo xogaron Ramón (4), Rober Garnelo (6), Darío (0), Álex Antelo (12), Guille (4), Manu (8), Lute (2), Rober Vilariño (5) e David (6)
Adestrador: Fran Lozano


A vindeira fin de semana non hai competición por ser a Ponte da Constitución. O próximo partido do C.B. Arteixo será o domingo 14 de decembro contra Culleredo ás 12:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo

No hay comentarios:

Publicar un comentario