lunes, 2 de diciembre de 2013

Junior: Liceo La Paz 71 - 45 C.B. Arteixo

Partido correspondente á sétima xornada da 2ª división junior masculino, disputado o sábado ás 16:00 horas no Pavillón do Colexio Liceo La Paz de A Coruña.

71 - 45  (18-10 / 16-13 / 20-16 / 17-6)

Empezou ben o partido para os de Arteixo, pero pouco a pouco foron descendendo o nivel de intensidade e errando no pase, o que aproveitaron os locais para distanciarse lixeiramente no marcador (18-10)

No segundo periodo, a toma de decisións no ataque dos arteixáns foi moi mala, perdendo numerosos balóns tanto no pase como no bote, facilitando canastras ós locais. Nos últimos minutos do periodo, un arreón dos arteixáns fixo que disminuisen a diferenza no marcador ata deixala nos 11 puntos (34-23)

Á volta do descanso, as forzas igualáronse, pero o marcador apenas modificaba a diferenza, que sempre rondaba por encima dos 10 puntos a favor dos locais. Moito acerto no ataque, xa que as defensas víanse superadas (54-39)

Sen embargo, no último periodo houbo un baixón por parte dos de Arteixo, que se viron superados por completo ante os xogadores locais. Parecía que tiñan medo a atacar a presión defensiva local, realizando pases sen xeito, non apoiando ós compañeiros,... en definitiva, un moi mal periodo, que fixo que o traballo realizado nos tres primeiros periodos quedase empañado, deixando un mal sabor de boca. Finalmente o marcador sinalou un 71-45 para os locais

Por parte do Liceo La Paz xogaron López (23), Verea (6), Gil (11), Otero (12), Quintáns (0), Fernández (9), Henroz (6) e Rodríguez (4)
Adestrador: Alejandro Muíños

Por parte do C.B. Arteixo xogaron Darío (12), Natahel (0), Diego Felípez (4), Miguel (4), Leo (0), Iván (4), Edu (5), Eloy (0), Diego Pérez (0), Jacobo (0) e Fabián (16)
Adestrador: Germán Lozano


A vindeira fin de semana non hai xornada debido a que é a Ponte da Constitución, polo que o C.B. Arteixo disputará o seu seguinte partido, salvo cambios, o sábado 14 de decembro ás 16:00 horas contra Maristas Coruña no Pavillón do Colexio Maristas, no que será o último partido do 2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario