martes, 3 de diciembre de 2013

Infantil masculino: C.B. Arteixo 27 - 52 Salgado Montrove Rojo

Partido correspondente á sexta xornada da 2ª división infantil masculino, disputado o domingo ás 17:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo

27 - 52  (8-8 / 8-21 / 7-9 / 4-14)

Outro paso adiante dos xóvenes xogadores do C.B. Arteixo. A palabra clave para o equipo infantil segue sendo "COMPETIR", e nesta ocasión logrouse durante 35 minutos do partido. Pero unha vez máis acabouse a gasolina...

Un primeiro periodo de moi bo nivel defensivo, permitiu igualdade máxima no marcador, eso si, o acerto no ataque era escaso por parte dos dous equipos.

No segundo periodo, o Salgado Montrove axustou bastante o seu punto de mira e permitiulle tomar as primeiras vantaxes no marcador. Pero os de Arteixo non lle perdían a cara ó partido, chegándose ó descanso con 13 puntos de vantaxe para os visitantes (16-29)

No terceiro periodo, volveu a igualdade e por momentos chegouse a pensar na remontada grazas ó bo nivel mostrado polos xogadores de Iván García.

Incluso no inicio do último periodo, apoiados nunha boa defensa, os locais crían na remontada, pero o acerto no ataque non acompañaba e as forzas fóronse esgotando.

En calquera caso, moi bo partido contra o terceiro clasificado da competición!!

¡¡¡Seguimos mellorando!!!  ¡¡¡Ánimo equipo!!!

Por parte do C.B. Arteixo xogaron Saúl, Fabio, Yago, Dani, Hugo, Raúl, Simón, Elías e Jacobo
Adestrador: Iván García

Por parte do Salgado Montrove Rojo xogaron Moledo, Couto, Vázquez, Alonso, López, Pedreira, Iglesias, Liñares, Vargas, Pujades e Babío
Adestradora: Adriana González


A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o seu partido contra BCA previsiblemente o sábado 7 ás 12:00 horas no Polideportivo do Ventorrillo de A Coruña

No hay comentarios:

Publicar un comentario