Partido correspondente á terceira xornada da liga preminibasket, disputado o sábado ás 16:30 horas no Polideportivo Agra 2 de A Coruña.
Partido moi complicado para os xogadores e xogadoras de Víctor García, no que se puido ver todo o que ten que mellorar o equipo, pero aínda así os xogadores e xogadoras disfrutaron moito do partido e puxeron tódalas ganas para intentar gañar e non desanimarse.
Finalmente, despois dos seis periodos, o resultado foi de 26 - 67 a favor do Coreti Etiquetas.
Por parte do C.B. Arteixo xogaron Iker, Carla, Manu, Víctor, Lucas, Martín, Jorge e Diego
Adestrador: Víctor García
Como ben se dixo antes, hai moito que mellorar, os pases, o lanzamento, a defensa,... pero pouco a pouco estamos acostumándonos a participar nos partidos, a competir, a ter compañeirismo e a pasalo ben aprendendo un pouco cada día.
Esperemos ter máis sorte e traballar máis de cara ós seguintes partidos.
A vindeira fin de semana non haberá competición, polo que o próximo partido será a fin de semana do 14 e 15 de decembro contra Jesuitinas B en día e hora por confirmar.
¡¡¡ Ánimo, que la liga es larga..., de todas formas para éstas categorias lo primero es lo primero, que se diviertan y que hagan equipo...
ResponderEliminarCada día mejoran un poquito.Lo mas importante es que se lo pasan genial.
ResponderEliminarLas que mas mejoraron fueron las infantiles femeninas por que somos unas cracks incluida yo.
EliminarQue soy Anais