lunes, 2 de diciembre de 2013

Cadete: BCA 98 B 23 - 81 C.B. Arteixo

Partido correspondente á oitava xornada da 2ª división cadete masculino, disputado o domingo ás 10:00 horas no Polideportivo de O Ventorrillo de A Coruña.

23 - 81  (4-20 / 7-13 / 8-24 / 4-24)

Comezaba o partido moi de cara para os xogadores de Arkaitz Collazo, xa que conseguían lanzamentos fáciles preto da canastra ante unha defensa permisiva no 1x1. Chegouse ó final do primeiro periodo cunha xa abultada diferenza para os arteixáns (4-20)

No segundo periodo, BCA saíu moi intenso, mellorando o nivel defensivo e con movemento de balón no ataque. Pola súa banda, os de Arteixo tiñan máis complicado conseguir as boas opcións de lanzamento do primeiro periodo, pero mantiñan o nivel defensivo evitando que se recortasen as diferenzas no marcador. Chegouse ó descanso cun 11-33.

Na segunda metade, os de Arteixo volveron ó nivel defensivo dos primeiros minutos do partido, recuperando moitos balóns e conseguindo bastantes canastras en 1x0. A diferenza no marcador foi aumentando paulatinamente ata chegar á diferenza final (23-81).

Gran nivel o mostrado polos xogadores de Arkaitz Collazo durante os 40 minutos de xogo, cousa que non daban conseguido en anteriores partidos. Nótase pouco a pouco a mellora no xogo e na defensa de equipo.

Por parte de BCA 98 B xogaron Cano, Castro, Mariño, Rilo, Rodríguez, Rivera, Pita, Vilar, Artilles, García, Costa e Fernández

Por parte do C.B. Arteixo xogaron Miguel, Aimán, Javi, Antón, Adrián Zas, Adrián Vázquez, Mario, Carlos, Adrián Ponte e Víctor
Non xogaron Jonathan e José
Adestrador: Arkaitz Collazo


A vindeira fin de semana non haberá competición por ser a Ponte da Constitución e a seguinte xornada o C.B. Arteixo ten xornada de descanso, polo que este foi o último partido de 2013 para o cadete. Reanudarase a competición, previsiblemente, o día 12 de xaneiro para disputar o partido aprazado da semana pasada contra o Obradoiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario