jueves, 28 de noviembre de 2013

Horarios para a fin de semana do 30/11 e 1/12

Os partidos para esta fin de semana son os seguintes:

2ª división senior masculino  9ª xornada  Instituto Rosalía - C.B. Arteixo
Domingo  19:00 horas  Pavillón Instituto Rosalía de Castro (Santiago)
Buscarán os xogadores de Fran Lozano volver á senda da victoria ante un equipo cheo de xóvenes xogadores (moitos deles en idade junior) que despregan un baloncesto rápido e moi intenso.

4ª división senior masculino  6ª xornada  C.B. Arteixo - C.D. Recimil
Domingo  19:00 horas  Pazo dos Deportes de Arteixo
Buscarán os xogadores de Germán Lozano realizar un partido serio, intenso e con xogo de equipo ante un dos colíderes da liga, que conta con só unha derrota. Partido moi complicado e duro, pero hai que traballar para facelo ben.

2ª división junior masculino  7ª xornada  Liceo La Paz - C.B. Arteixo
Sábado  16:00 horas  Colexio Liceo La Paz (A Coruña)
Tratarán os xogadores de Germán Lozano de dar a sorpresa ante o único equipo invicto do grupo (aínda que non é líder porque ten un partido menos disputado). Para levarse o partido, os de Arteixo teñen que seguir coa liña de traballo dende principio de tempada e realizar un xogo de ataque cunha boa toma de decisións.

2ª división cadete masculino  8ª xornada  BCA 98 B - C.B. Arteixo
Domingo  10:00 horas  Pavillón do Ventorrillo (A Coruña)
Tratarán os xogadores de Arkaitz Collazo de volver á senda da victoria despois de non disputar partido a semana pasada por aprazamento. Enfróntanse a un equipo que aínda non coñece a victoria esta tempada e que ocupa a última praza da clasificación.

2ª división infantil masculino  6ª xornada  C.B. Arteixo - Salgado Montrove
Domingo  17:00 horas  Pazo dos Deportes de Arteixo
Difícil partido para os xogadores de Iván García, xa que se enfrontan ó único equipo que foi capaz de plantalle cara ó C.B. As Pontes no que vai de tempada. Intentarán os de Arteixo seguir coa mellora no seu xogo e evolucionando como equipo na mesma liña como levan facendo ata o de agora.

2ª división infantil feminina  4ª xornada  Obradoiro B - C.B. Arteixo
Sábado  12:30 horas  Elviña II (A Coruña)
Despois de non disputar partido a fin de semana pasada, volven as nenas de Andrea Álvarez á competición. Enfrontaranse ó Obradoiro B buscando seguir invictas na competición. Así mesmo, hai que seguir mellorando no xogo de equipo e no traballo defensivo.

Preminibasket  3ª xornada  C.B. Arteixo - Coreti Etiquetas Culleredo
Sábado  16:30 horas  Polideportivo Agra II (A Coruña)
Intentarán os nenos e nenas de Víctor García seguir evolucionando como xogadores e como equipo despois da dura derrota da semana pasada. Hai que seguir disfrutanto do baloncesto igual que levamos facendo dende o comezo dos adestramentos

No hay comentarios:

Publicar un comentario