Partido correspondente á sétima xornada da 2ª división infantil masculino, disputado o sábado ás 12:00 horas no Polideportivo do Ventorrillo de A Coruña.
66 - 22 (21-8 / 19-4 / 12-4 / 14-6)
Bo inicio do partido para os de Arteixo, co bos contraataques e saíndo con facilidade da presión de BCA. Sen embargo, errábanse situacións de 1x0 e 2x1, o que foi minando pouco a pouco a confianza do equipo. Aínda por riba, a defensa do 1x1 deixaba bastante que desexar, e BCA anotaba con facilidade.
No segundo periodo a desconexión foi total e a vantaxe dos locais non deixaba de aumentar.
No descanso fíxose exame de conciencia. Había que aproveitar a segunda metade para seguir mellorando o noso xogo e, sobre todo, para pelexar por tódolos balóns como se fosen o último. E vaia se se fixo!!! O traballo defensivo mellorou un 100% e BCA xa non anotaba con tanta facilidade. Por outra banda, o acerto no ataque seguía brillando pola súa ausencia...
Así non se puido maquillar o resultado, pero si a imaxe.
Toca seguir traballando para rematar o ano en liña ascendente e con boas sensacións.
A vindeira fin de semana comeza a segunda volta e temos que demostrar na pista que podemos competir con calquera!!
Vamos equipo!!
Por parte do BCA 01 xogaron Pena, Gómez, Buendía, Menéndez, Souto, P López, A López, Blanco, García, Vázquez, Pérez e Ferro
Adestrador: Héctor Méndez
Por parte do C.B. Arteixo xogaron Simón, Saúl, Elías, Hugo, Dani, Jacobo, Raúl e Fabio.
Adestrador: Iván García
No hay comentarios:
Publicar un comentario