martes, 3 de diciembre de 2013

Infantil feminino: Obradoiro B 15 - 29 C.B. Arteixo

Partido correspondente á cuarta xornada da 2ª división infantil feminina, desputado o sábado ás 12.30 horas en Elviña II.

Terceira victoria para as nenas de Andrea Álvarez fronte a un Obradoiro B con moitas ganas e esforzo por gañar o partido.

Comezaba o partido moi igualado entre os dous equipos. Erros en defensa e en tiro fixeron que o equipo rival conseguise anotar canastas fáciles. Roubos de balón que axudaron nos contraataques que sumaban no marcador.
Tras pedir tempo morto, as xogadoras do C.B. Arteixo sairon á pista con máis calma e decisión nos seus actos, para así poder comezar a xogar con tranquilidade e en equipo.

Comezouse a pillar rebotes e a convertilos en canastas de dous, roubos de balón, loitas. Todo o posible para poder distanciarse dun Obradoiro B que prantexaba unha presión a toda pista intentando que as xogadoras de Andrea non chegasen ao seu propio campo coa perda de balóns.

Así foi que a defensa das xogadoras do C.B. Arteixo e as ganas de acadar a terceira victoria poideron cos esforzos das rivais por intentar levarse o partido.

O marcador final foi 15 - 29 a favor do Club Baloncesto Arteixo.

Queda moito por mellorar no xogo interior para aproveitar as ocasións de penetración e tiro. Sen embargo, se as xogadoras seguen na mesma liña de traballo como ata agora, chegarán a acadar os obxectivos marcados para un bo xogo en equipo.

Por parte do Obradoiro B xogaron: López, González, Grille, Fernández, Cañete, Castro, Durán, Rodríguez.
Adestrador: P. Girón

Por parte do C.B. Arteixo xogaron Anais, Laura Botana, Laura Quintáns, Andrea, Miriam, Noelia, Victoria e Sonia.
Adestradora: Andrea Álvarez

Andrea, Laura Botana, Sonia, Miriam, Anais, Laura Quintáns, Victoria e Noelia



No hay comentarios:

Publicar un comentario