martes, 12 de noviembre de 2013

Senior 4ª división: Dinamo CBAJ 68 - 32 C.B. Arteixo

Partido correspondente á terceira xornada da 4ª división masculina entre o Dinamo CBAJ e o C.B. Arteixo, disputado o venres ás 21:15 horas no Pavillón de Tarrío (Culleredo)

68 - 32 (17-7, 12-5, 11-6, 28-14)

Nova derrota contundente dos xogadores de Germán Lozano, negados por completo de cara ó aro e frouxos na defensa ante un xogo interior moi poderoso.

Comezaba o partido cos de Arteixo completamente apagados. Superados na defensa ante as torres locais (David García e Kike Blanco, pívots de 2.05 metros cada un) e sen acerto no lanzamento no ataque (aínda que se conseguían boas posicións de lanzamento), propiciaban un parcial de 17-0 en 7 minutos. A partir de aí, os arteixáns reaccionaron e endosaron un parcial de 0-7 para pechar o periodo, enlazando boas accións de xogo

No segundo periodo, os arteixáns movían ben o balón pero eran incapaces de anotar. Na defensa, o movemento de balón dos locais facía sufrir á defensa dos de Arteixo, pero non tanto como o rebote, no que claramente saía perxudicado o equipo de Germán. Chegouse ó descanso con 17 puntos de vantaxe para o conxunto local (29-12)

Á volta do descanso, o nivel de acerto dos dous equipos descendía. Sobre todo debido ás imprecisións no pase e á toma de decisións no ataque. Conseguían os locais aumentar a diferenza 5 puntos máis para chegar ó final do terceiro periodo con 22 puntos de vantaxe (40-18)

O último periodo foi un esperpento por parte dos de Arteixo. Non se movía o balón e seguía nsen estar acertados de cara ó aro. Pola súa banda, os locais aproveitábanse dunha racha anotadora de Dani García (ex Arteixo), que con 14 puntos consecutivos poñía a diferenza no marcador por encima dos 40 puntos. Unha serie de acertos dende a liña de tres por parte dos arteixáns deixaron a diferenza por debaixo dos 40 ó final do partido (68-32)

Por parte do Dinamo CBAJ xogaron M. Vázquez (0), Dani García (24), David García (12), Rivas (2), B. Mateos (0), Blanco (22), Seijas (2), R Mateos (0), L. Vázquez (6) e Barral (0)
Adestrador: José Noya

Por parte do C.B. Arteixo xogaron Cotelo (2), Juan Carlos (5), Manu (2), Pavo (5), Víctor (1), Arkaitz (2), Dylan (2), Adrián (7), Pablo (0), David (0) e Dany (4)
Adestrador: Germán Lozano


A vindeira semana o C.B. Arteixo recibirá a visita do ACB Costa da Morte de Cee. O partido disputarase o domingo 17 de novembro ás 17:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo

No hay comentarios:

Publicar un comentario