martes, 12 de noviembre de 2013

Junior: C.B. Arteixo 66 - 60 Ferrol C.B.

Partido correspondente á cuarta xornada da 2ª división junior masculino entre o C.B. Arteixo e o Ferrol C.B. disputado o domingo ás 19:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.

66 - 60 (11-19, 11-16, 23-17, 21-8)

Espectacular remontada dos xogadores de Germán Lozano, que tras unha primeira metade con erros no ataque, conseguiron implantar o seu xogo e darlle a volta ó marcador para levarse a victoria.

Comezaba o partido cos dous equipos tanteándose. Non había escapadas no marcador, ata unha serie de despistes defensivos dos de Arteixo moi ben aproveitados polos xogadores de Javier Uría, fixeron que se despegasen no marcador ó final do periodo (11-19)

No segundo periodo, os xogadores ferroláns seguían mandando no ritmo de xogo, polo que os arteixáns non se atopaban cómodos na pista, sobre todo no ataque no cal non conseguían atopar boas opcións de xogo. A esto hai que sumarlle a debilidade no rebote defensivo dos arteixáns, que lles deixaban segundas opcións ós ferroláns. Chegouse ó descanso cunha diferenza de 13 puntos favorable ós visitantes (22-35)

Á volta do descanso, os arteixáns empezaron entonados. Conseguiron anotar en varias accións consecutivas de 1x1 e limitaron a aportación ofensiva dos ferroláns, facendo que a vantaxe quedase por debaixo dos 10 puntos. A partir da metade do periodo, a diferenza no marcador estancouse nos 7 puntos, cos que chegaron os ferroláns ó remate do periodo (45-52)

No último periodo chegou o arreón final dos arteixáns. Grazas á súa intensidade defensiva e ó nivel de confianza atacando en 1x1, o nivel de acerto era moi elevado. Cambiouse por completo o ritmo de xogo e acelerouse, favorecendo esto claramente ós arteixáns. Tamén dominaban os locais o rebote defensivo, o que lles permitía correr con facilidade. A falta de 3 minutos, puxéronse por diante os xogadores de Germán, e dende aí xa non soltaron a dianteira no marcador ata o final do partido (66-60)

Gran traballo de tódolos xogadores dispoñibles para o partido, tanto no ataque como na defensa. Agora hai queda seguir traballando para aumentar o nivel de xogo e pulir detalles para evolucionar como equipo.

Por parte do C.B. Arteixo xogaron Darío (14), Natahel (5), Diego Felípez (9), Miguel (2), Leo (0), Eloy (3), Diego Pérez (5) e Fabián (11)
Non xogaron Juanlu, Iván e Jacobo por lesión
Adestrador: Germán Lozano

Por parte do Ferrol C.B. xogaron Tajuelo (6), Leira (0), Aller (9), Cebral (12), Muíños (3), Sixto (7), Deive (3), Dopico (3), Rodeiro (11), Maíz (6) e Sánchez (0)
Adestrador: Javier Uría


A vindeira semana o C.B. Arteixo rendirá visita ó BCA 96. O partido está previsto, salvo cambios, para o sábado 16 de novembro ás 18:00 horas na Polideportiva de Riazor 2

No hay comentarios:

Publicar un comentario