Partido correspondente á 4ª xornada da 4ª división masculina, disputado no Pazo dos Deportes de Arteixo o domingo ás 17:00 horas.
57 - 40 (7-6 / 8-11 / 23-14 / 19-9)
Por fin chegou a primeira victoria dos xogadores de Germán Lozano ante un Costa da Morte que só se presentaba con 5 efectivos para disputar o partido.
Comezaba o partido cos visitantes dominando o ritmo de xogo, calmado posto que só eran cinco xogadores para todo o partido. Os arteixáns acomodáronse a ese ritmo de xogo e non eran capaces de cambialo por moitas sustitucións que se fixeron dende o banco. O acerto era mínimo por parte dos dous equipos, o que quedaba reflexado no marcador ó final do primeiro periodo (7-6)
No segundo periodo, continuaban os mesmos derroteiros que no primeiro, pero cun pouco máis de acerto de cara ó aro. O ritmo do partido seguía a ser lento, e os arteixáns non eran capaces de cambialo. O marcador sinalaba un 15-17 a favor dos visitantes.
Despois do descanso, a defensa a toda pista dos locais fixo que o cansanzo dos visitantes fose aumentando paulatinamente. Conseguíronse moitas canastras de contraataque e bos lanzamentos ante a zona rival, pero non se era capaz de conter os ataques visitantes, que finalizaban as accións con certa comodidade baixo o aro. Ó finalizar o terceiro periodo, o marcador sinalaba un 38-31 a favor dos locais.
No último periodo, coas forzas dos visitantes moi xustas e cos locais rotando xogadores para manter o nivel defensivo, aumentou a vantaxe no marcador ata chegar ós 17 puntos finais a favor dos locais (57-40)
Destacar positivamente a segunda metade do equipo a nivel defensivo, e negativamente a pésima primeira metade realizada tanto no ataque como na defensa.
Tamén hai que destacar o enorme esforzo realizado polos visitantes, non perdendo a cara ó partido ata case o final, pese a acabar con 4 xogadores en pista durante os dous últimos minutos por mor das faltas persoais.
Por parte do C.B. Arteixo xogaron Cotelo (2), Juan (2), Juan Carlos (2), Manu (2), Pavo (9), Víctor (9), David Lago (0), Arkaitz (16), Dylan (0), Adrián (8), Pablo (2) e Dany (5)
Adestrador: Germán Lozano
Por parte do ACB Costa da Morte xogaron Pereira (10), L. Martínez (2), Vázquez (3), Olveira (16) e S. Martínez (8)
Adestrador: Ramón Trillo
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo visitará ó Filloa Jaz o sábado ás 18:00 horas no Pavillón de Los Rosales de A Coruña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario