Partido correspondente á quinta xornada da 2ª división junior masculino disputado na Polideportiva de Riazor 2 o sábado ás 18:00 horas.
49 - 60 (12-18 / 13-11 / 8-17 / 16-14)
Terceira victoria consectiva dos xogadores de Germán Lozano ante un BCA 96 moi peleón que non deu nunca por perdido o partido. O dominio do rebote defensivo deulle moita seguridade ós arteixáns para despregar o seu xogo.
Comezaba o partido moi igualado, os arteixáns anotando en penetracións e grazas ó rebote ofensivo e os locais con lanzamentos exteriores e a partir das vantaxes creadas no 1x1. Un arreón final dos arteixáns, deixounos con 6 puntos de vantaxe ó final do primeiro periodo (12-18)
No segundo periodo, o acerto de cara ó aro disminuiu. Os arteixáns seguían dominando o rebote e anotando en segundas oportunidades, mentres que os locais anotaban dende o exterior ante a defensa de axudas visitante. Chegouse ó descanso con vantaxe de 4 puntos para os arteixáns (25-29)
Na reanudación foi cando os arteixáns romperon o partido grazas ó seu dominio absoluto do rebote e ós rápidos contraataques finalizados con vantaxe. Os locais non estaban acertados no ataque, abusando do lanzamento exterior sen moito acerto. Finalizou o terceiro periodo con vantaxe de 13 puntos para os arteixáns (33-46)
No último periodo, os arteixáns seguían a dominar o rebote e o ritmo de xogo para poder conter os arreóns locais dende a liña de 6,75 dende a cal estiveron bastante acertados neste periodo. Finalizou o partido con 11 puntos de vantaxe para os xogadores de Germán Lozano (49-60)
Destacar o gran partido realizado por tódolos xogadores do equipo a nivel de intensidade defensiva e de concentración durante o partido. Tamén hai que destacar o partido de Fabián, anotando a metade dos puntos do equipo, ós que hai que sumar a infinidade de rebotes capturados e lanzamentos cambiados ós contrarios. E o partido de Leo, inmenso na defensa e correndo sempre de primeiro o contraataque, aportando a pausa unha vez pasada a presión defensiva local.
Por parte de BCA 96 xogaron Albo (18), Pardo (8), Bermello (8), López (0), Gambhir (0), Rampa (0), Pedreira (6) e Grúa (9)
Adestrador: Nacho Pena
Por Parte do C.B. Arteixo xogaron Darío (9), Natahel (3), Diego Felípez (1), Miguel (0), Leo (0), Iván (2), Edu (7), Eloy (0), Diego Pérez (8) e Fabián (30)
Adestrador: Germán Lozano
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo recibirá ó C.B. Cambre, equipo empatado a victorias e derrotas cos arteixáns. O partido disputarase o domingo ás 19:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo
No hay comentarios:
Publicar un comentario