lunes, 18 de noviembre de 2013

Senior 2ª división: C.B. Celtas 43 - 57 C.B. Arteixo

Partido correspondente á sétima xornada da 2ª división senior masculino, disputado no o sábado ás 18:00 horas no Pavillón de Torques-Marzán de Foz.

43 57  (10-11 / 8-21 / 11-9 / 14-16)

Por fin chegou a primeira victoria para os xogadores de Fran Lozano, e eso que as cousas non pintaban ben, xa que ás baixas xa sabidas de Rober Garnelo por traballo, Álex Antelo por sanción e ás dos junior Fabián e Darío por coincidencia de horarios, uníase a de Lute por enfermidade. Polo que nos presentábamos con 6 xogadores do equipo e dous xogadores do equipo de 4ª división: Manu Rey e David Lago.

Con esta situación, o panorama non era moi alentador, pero os xogadores fixeron un gran traballo de intensidade e concentración durante os 40 minutos, loitando contra un equipo moi superior fisicamente baixo os aros.

O primeiro periodo foi igualado, cos dous equipos estudiándose e tardando bastante en coller ritmo anotador e cun marcador bastante baixo (10-11)

O segundo periodo foi de claro dominio visitante, cun 8-21 que deixaba o marcador ó descanso con 14 puntos de vantaxe para os visitantes e cos locais só en 19 puntos anotados debido a unha boa actividade defensiva e a que os tiradores locais non estiveron moi acertados. O marcador sinalaba un 19-33 ó descanso.

Na segunda metade, os xogadores locais saíron moito máis intensos e, con alternancia nas defensas, non permitiron que os arteixáns xogasen cómodos e que lles costase moito anotar sobre todo ó comezo do periodo. Así, os locais sitúanse só a 9 puntos de distancia, pero unha pequena reacción visitante devolve ó final do periodo a diferenza por riba dos 10 puntos (30-42)

No último periodo, o equipo comeza un tanto desconcentrado e perde varios balóns, permitindo lanzamentos exteriores cómodos (sobre todo a Paz, que anota tres triplas) pero o equipo volve a asentarse ea controlar o ritmo de xogo, chegándose ó final do partido cun 43-57 e a sensación de realizar un bo partido por parte dos de Arteixo.

Por parte do C.B. Celtas xogaron Sánchez (0), J. Fraga (-), Cao (6), M. Fraga (7), Rodríguez (2), Vizoso (-), Paz (17), Suárez (-), Otero (0), Vásquez (9) e Fernández (2)
Adestrador: Pablo Castro

Por parte do C.B. Arteixo xogaron Ramón (15), Alex Ocampos (3), Guille Conchado (15), Manu (7), Rober (6), David Eirís (11), Manu Rey (0) e David Lago (0)
Adestrador: Fran Lozano


A vindeira semana, o C.B. Arteixo recibirá ó líder da competición, o Peleteiro de Santiago, que conta os seus partidos por victorias. O partido disputarase o domingo ás 12:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo

No hay comentarios:

Publicar un comentario