Partido correspondente á sexta xornada da 2ª división cadete masculino, disputado no Colexio Maristas de A Coruña o sábado ás 12:00 horas.
84 -43 (21-9 / 21-16 / 18-14 / 24-4)
Comezaba o partido cun amplo abanico de oportunidades para os dous equipos, pero ó final do periodo unha serie de accións dos locais provocan canastras fáciles e comezaron as primeiras vantaxes para os locais (21-9)
No segundo periodo, ámbolos dous equipos saíron con moitas ganas de levarse o partido. Os locais estaban moi acertados de cara ó aro e, anque os arteixáns tamén anotaban con fluidez, non era suficiente para recuperar a diferenza no marcador. Chegouse ó descanso cun 42-25 a favor dos locais.
Á volta do descanso, os xogadores de Arkairz puxéronse as pilas, aumentando o nivel defensivo, pero realizaban demasiadas faltas, facilitando moitos lanzamentos de tiro libre ós locais. Aínda con toda a intensidade mostrada, a diferenza non conseguía ser reducida (60-39)
No úlitmo periodo, o nivel defensivo foi similar ó terceiro, con moitas faltas. Sen embargo, o nivel ofensivo descendeu estrepitosamente, facendo que a diferenza no marcador ó final do partido se disparase moito (84-43)
Por parte do Maristas Coruña xogadon Sanjurjo, Rouco, Gomezalas, Pérez, Otero, Amigo, Roaof, Ramil e Sánchez
Por parte do C.B. Arteixo xogaron Miguel, Aimán, Jonathan, Javier, Adrián Vázquez, Antón, Adrián Zas, Mario, José, Carlos, Adrián Ponte e Víctor
Adestrador: Arkaitz Collazo
A vinderia fin de semana, o C.B. Arteixo recibirá ó Obradoiro. O partido disputarase o domingo ás 10:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo
No hay comentarios:
Publicar un comentario