Partido correspondente á 8ª xornada da 2ª división senior masculino, disputado o domingo ás 12:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.
61 - 68 (9-21 / 26-9 / 12-27 / 14-11)
Non puido ser. Esta vez era o líder e máximo favorito o que visitaba o Pazo dos Deportes, e facíao sen coñecer a derrota.
Había bo ánimo nos locais despois da primeira victoria acadada a semana pasada, pero o día non empezaba ben. Á ausencia por traballo de Rober Garnelo uníase a última hora a de David Eirís por gripe e a de Álex Ocampos por unha lesión no pé, que deixaban ó equipo moi xusto de efectivos.
Con este panorama, o inicio do partido foi malísimo, un 0-14 de saída volvía a colocar ó equipo contra as cordas por enésima vez na tempada. Os visitantes xogaban a pracer contra a débil defensa local e os locais estaban negados no ataque, sen conseguir anotar e perdendo balóns. Unha pequena racha de 3 triplas poñía ó final do periodo un 9-21, 12 puntos que pesaban moito no ánimo local.
Unha mellora no acerto e, tamén hai que dicilo, un certo relaxamento dos xogadores de Fran Varela, provocaron un parcial de 26-9 no segundo periodo. Continuouse coa racha dende a liña de tres puntos (5 neste periodo), que deixou 5 puntos a favor dos xogadores de Fran Lozano ó descanso (35-30), facendo que a confianza do equipo aumente considerablemente.
Á volta do descanso, os visitantes volven a apretar na defensa e recuperan a vantaxe no marcador cun 0-6 de partida. A partires de aí, xa non volveron a deixar o mando no marcador para chegar ó final do terceiro periodo cun 47-57 no marcador.
Os locais non se rendiron, pero o cansanzo xa se empezaba a notar, empeorou a toma de decisións, pero aínda con eso recortouse a diferenza ata os 5 puntos, pero non se deu para máis e os visitantes seguen invictos tras gañar por 7 puntos de diferenza (61-68)
Por parte do C.B. Arteixo xogaron Ramón (8), Alex Antelo (20), Guille (15), Manu (10), Lute (4), Rober Vilariño (4) e Manu Rey (0)
Adestrador: Fran Lozano
Por parte do Peleteiro xogaron Pazo (6), P. Maroño (0), Vicario (15), A. Maroño (3), Seoane (9), Jove (0), Raviña (5), Viéitez (5), Estévez (5), Soriano (0) e Trías (20)
Adestrador: Fran Varela
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo visitará ó Instituto Rosalía de Castro de Santiago na busca de afianzar a mellora no xogo con unha victoria. O partido disputarase o domingo 1 de decembro ás 19:00 horas no Pavillón do Instituto Rosalía de Castro de Santiago
No hay comentarios:
Publicar un comentario