Partido correspondente á 5ª xornada da 2ª división senior masculina, disputado o sábado ás 20:00 horas no Pavillón da Zona Escolar de Carballo.
56-55 (19-5, 10-16, 12-19, 15-15)
Derrota por un punto en Carballo, nun partido que comezou fatal para o C.B. Arteixo. O equipo non atopaba o seu sitio na pista, nin no ataque (sobre todo) nin na defensa. Case sen movemento no ataque. o balón non se movía practicamente nada, facendo que os lanzamentos fosen forzados e en posicións pouco favorables. Os locais dominaban o rebote e no ataque buscaban ben as súas opcións. Todo esto traducíase nun 19-0 no marcador a falta de 2 minutos para rematar o primeiro periodo, cos locais moi cómodos e os visitantes desquiciados por completo. Un parcal de 0-5 nestes dous minutos, deixaba o marcador en 19-5 ó remate do primeiro periodo, con moi malas sensacións por parte dos de Arteixo.
No segundo periodo, hai unha pequena reacción dos xogadores de Fran Lozano, que comezan a mover mellor o balón e a atopar mellores posicións de lanzamento, ademais de aumentar a actividade na defensa, o que fai que se recuperen varios balóns e se poñan máis dificultades ós locais para que poidesen anotar. Ó descanso a diferenza era de 8 puntos (29-21)
Despois do descanso apareceron os mellores momentos dos arteixáns. O equipo continuou esforzándose na defensa e comeza a xogar máis fluído no ataque. A anotación sube e o equipo consegue poñerse por diante no marcador na metade do periodo. O marcador iguálase e a alternancia mantense ata o final do periodo, ó que se chega con un punto de vantaxe para os carballeses (41-40)
No último periodo, os locais volven a colocarse con 7 puntos de vantaxe que parecen decantar o partido para o seu lado, pero os xogadores de Fran Lozano non se renden e volven igualar o partido.
Chegouse ós 4 últimos segundos con 1 punto de desvantaxe e posesión, pero non fomos capaces de anotar na última posesión e a victoria quedou en Carballo, deixando ó C.B. Arteixo sen poder estrear aínda o seu casilleiro de victorias.
Por parte do Carballo Basket xogaron Rodríguez (4), Añón (12), Fran Cristóbal (8), Parcero (16), Marlo (9), Vega (0), Fernández (2), Gómez (3), García-Argüelles (0) e Rubén Cristóbal (2)
Adestrador: Basilio Pampín
Por parte do C.B. Arteixo xogaron Ramón (4), Rober Garnelo (7), Darío (-), Álex Ocampos (5), Álex Antelo (17), Guille (5), Manu (8), Lute (0), Rober Vilariño (9), Manu Rey (-) e Fabián (0)
Adestrador: Fran Lozano
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo recibirá ó Cenor Cluny o domingo ás 12:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo, na busca da súa primeira victoria que confirme a melloría no xogo dende o comezo da competición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario