miércoles, 6 de noviembre de 2013

Horarios para o 8, 9 e 10 de novembro

Esta fin de semana comeza a competición para o equipo infantil feminino adestrado por Andrea Álvarez. As nenas de Andrea están encadradas no Grupo AB-Coruña xunto co Betanzos 2000, Obradoiro, Obradoiro B, Santa María del Mar, Compañía de María, Maristas Champagnat, Salgado Montrove Blanco e CD Los Rosales. Os partidos disputaranse por concentración en A Coruña.

Os partidos para esta fin de semana son:

2ª división senior masculina  6ª xornada  C.B. Arteixo - Cenor Cluny
Domingo  12:00 horas  Pazo dos Deportes de Arteixo
Buscan os xogadores de Fran Lozano a súa primeira victoria tras perder a semana pasada pola mínima no derby ante o Carballo Basket, e así refrendar a súa mellora dende o comezo da tempada, contando coa incorporación de David Eirís, que debutará esta tempada.

4ª división senior masculina  3ª xornada  Dinamo CBAJ - C.B. Arteixo
Venres      21:15 horas  Municipal de Tarrío
Partido complicado para os xogadores de Germán Lozano, que tratarán de mellorar o xogo despregado nas dúas primeiras xornadas para poder conseguir a súa primeira victoria do ano e cambiar a dinámica de derrotas e de xogo do equipo.

2ª división junior masculina  4ª xornada  C.B. Arteixo - Ferrol C.B.
Domingo  19:00 horas  Pazo dos Deportes de Arteixo
Partido para confirmar a mellora no xogo e a dinámica do equipo dos xogadores de Germán Lozano despois da victoria na anterior xornada en Narón.

2ª división cadete masculina  5ª xornada  C.B. Arteixo - Calasanz
Domingo  17:00 horas  Pazo dos deportes de Arteixo
Complicado partido para os xogadores de Arkaitz Collazo, xa que se enfrontan ó lider da competición, que é o equipo que máis puntos anota no que vai de liga. Conter o ataque visitante será a tarefa principal para os nosos xogadores e así ter opcións de gañar o partido.

2ª división infantil masculina  C.B. Arteixo
O equipo conta con xornada de descanso

2ª división infantil feminina  C.B. Arteixo - Betanzos 2000
Sábado   11:15 horas  Elviña II
Partido debut para as nenas de Andrea Álvarez, que tratarán de continuar coa boa liña de traballo nos adestramentos e conseguir levarse a victoria no primeiro partido do ano

No hay comentarios:

Publicar un comentario