Partido correspondente á primeira xornada da Liga Preminibasket de A Coruña, disputado o sábado ás 17:15 horas no Pavillón de A Sardiñeira (A Coruña).
Este partido era o debut nunha pista de baloncesto de moitos dos nenos (agás Manu e Víctor) e tamén para o adestrador do equipo, Víctor García. Moi nerviosos se atopaban tanto os xogadores como o adestrador. Aínda con esto púidose facer un bo partido no que os de Arteixo conseguiron a victoria, cun resultado de 48 a 39.
A primeira metade foi a que mellor se lles deu ós de Arteixo, moi activos na defensa e pasándose o balón no ataque. A partir do terceiro periodo, BCA aumentou o seu nivel de xogo, pero non foi suficiente para limar a vantaxe dos arteixáns.
Comezamos moi ben a tempada, divertíndonos moito na pista, tanto os nenos e nenas como o adestrador e as familias. Pero hai moitas cousas que mellorar aínda, sobre todo o non facer pasos nin dobles e traballar a defensa do equipo.
Neste partido debutaron tódolos xogadores do equipo agás Diego, que non puido acudir ó partido.
Esperemos que nos seguintes partidos poidamos disfrutar co xogo dos máis pequenos do club e seguir mellorando cada día nos partidos e nos adestramentos.
Por parte do C.B. Arteixo xogaron Manu, Víctor, Jorge, Martín, Lucas, Iker e Carla. Non xogou Diego por non estar dispoñible para o partido.
Adestrador: Víctor García
A vindeira semana o C.B. Arteixo xogará o seu partido contra Coreti Etiquetas de Culleredo en día e hora por confirmar.
¡¡¡ Enhorabuena, que sea el comienzo de un gran grupo...
ResponderEliminar