miércoles, 20 de noviembre de 2013

Infantil feminino: Maristas Champagnat 8 - 40 C.B. Arteixo

Partido correspondente á 2ª xornada da 2ª división infantil feminina, disputado en Elviña II ás 11.15 horas.

Segunda victoria consecutiva para as nenas de Andrea Álvarez fronte un Maristas Champagnat moi peleón, onde as xogadoras do C.B.A pelexaron pola victoria tan merecida.

Comezaba o 1º cuarto con Botana, Quintáns, Carracedo, Ogando e Sánchez en pista. Dende un primeiro momento a defensa foi intensa, favorecendo os rebotes defensivos e ofensivos. Non foi un bo momento para as canastas de 2, marcando neste cuarto tan só 6 puntos. ( 2-6)

No 2ª cuarto saíu a pista Andrea Alvedro, desputando así o seu primeiro partido como xogadora do C.B. Arteixo. Con máis ganas en pista, seguiuse cunha defensa intensa, por parte dos dous equipos. Máis rebotes ofensivos e defensivos a favor do C.B.Arteixo axudou a subir o marcador a 2-14. ( 0-8)


Tras o descanso, non se quitaron as ganas de seguir pelexando pola segunda victoria consecutiva, saiuse a pista cunha gran motivación por alcanzala. Foi aquí onde o equipo rival, coa súa presión a toda pista fixo que as xogadoras de Andrea perdesen balóns e cometesen facilmente algúns erros. Aínda así, o parcial foi positivo para o C.B. Arteixo ( 6-12 )

Nos últimos 10 minutos, a pesar do cansancio das xogadoras, sendo tan só seis para xogar o partido, tivo lugar un bo xogo interior, con moitos contraataques rematados en entradas ou tiros de 2. Destacou a defensa intensa, o que impediu que as xogadoras de Maristas Champagnat non sumasen ningún punto.
( 0-14 )

Con máis ganas de desputar o 3º partido de liga, as xogadoras do Club Baloncesto Arteixo seguen traballando, con gran esforzo, para conseguir a 3ª victoria da tempada.

Por parte de Maristas Champagnat xogaron: Vázquez, Moscoso Lorenzo, Campo, García, Fernández, Mingote, Ceruelo(2), Mingote I., Couceiro, Patiño, Rouco (6)
Adestrador: Vázquez, R

Por parte do Club Baloncesto Arteixo xogaron: Botana (8), Quintáns (2), Alvedro (2), Carracedo (6), Ogando (4), Sánchez (18)
Adestradora: Álvarez, A

Ogando, Carracedo, Sánchez, Alvedro, Botana e Quintáns ao remate do partido

1 comentario: