lunes, 11 de noviembre de 2013

Cadete: C.B. Arteixo 38 - 70 Calasanz

Partido correspondente á quinta xornada da 2ª división cadete entre o C.B. Arteixo e o Calasanz, disputado o domingo ás 17:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.

38 - 70 (0-21, 12-14, 14-14, 12-21)

Saíron os arteixáns moi despistados ó comezo do partido, sendo incapaces de conseguir boas accións de cara ó aro e superados na defensa polos visitantes. Con este panorama, os arteixáns non conseguiron anotar ningún punto ó rematar o primeiro periodo, provocando que a vantaxe dos visitantes fose de 21 puntos ó rematar o periodo.

No segundo periodo reaccionaron os arteixáns, pero remontar a diferenza no marcador ía ser moi complicado, o que fixo que os xogadores de Arkaitz se desanimasen. Aínda así, melloraron a cara e o xogo do primeiro periodo, evitando que as diferenzas se seguisen disparando no marcador. Chegouse ó descanso cun 12-35 no marcador.

Despois do descanso, ámbolos dous equipos saíron con moitas ganas. Os arteixáns coa motivación de intentar remontar a diferenza xa que o xogo estaba a ser mellor, pero non foron capaces de conseguilo. A diferenza ó remate do periodo seguía a ser a mesma que ó descanso (26-49)

No último periodo, cos arteixáns moi desmotivados, baixaron os brazos e o ritmo de xogo, o que provocou moitas canastras fáciles para os visitantes, provocando que a diferenza no marcador se disparase ó final do partido (38-70)

Por parte do C.B. Arteixo xogaron Miguel, Aimán, Jonathan, Javi, Adrián Zas, Adrián Vázquez, Antón, José, Carlos e Adrián Ponte
Adestrador: Arkaitz Collazo

Por parte do Calasanz xogaron Varela, Sánchez, Lema, Alonso, Alfonso, Lema, Naya, Purriños, Rodríguez e Platas


A vindeira fin de semana o C.B. Arteixo rendirá visita ó Maristas Coruña. O partido está previsto, salvo cambios, para o domingo 17 de novembro ás 12:00 horas no Colexio Maristas de A Coruña

No hay comentarios:

Publicar un comentario