lunes, 25 de noviembre de 2013

Junior: C.B. Arteixo 42 - 47 C.B. Cambre

Partido correspondente á 6ª xornada da 2ª división junior, disputado o domingo ás 19:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.

42 - 47 (12-8 / 16-9 / 6-22 / 8-8)

Partido que se preveía moi igualado, xa que os dous equipos estaban empatados na clasificación con 3 victorias e unha soa derrota. Partido moi complicado, intenso, con moito contacto entre xogadores. Moi complicada a labor para os colexiados.

Saíron os dous equipos a morder defensivamente, con moita intensidade e moitas ganas. No ataque non se estaba moi acertado. Só unha serie de canastras seguidas dos arteixáns fixeron que se fosen no marcador por 4 puntos ó rematar o primeiro periodo cunha canastra sobre a bocina (12-8)

No segundo perido, a intensidade defensiva seguía a ser igual ó primeiro periodo, pero os de Arteixo estaban máis acertados de cara ó aro nas penetracións e nos tiros libres. Pola súa banda, os de Cambre non vían aro con facilidade e víanse superados no 1x1 polos arteixáns. Chegouse ó descanso cunha vantaxe de 11 puntos para os xogadores de Germán Lozano, parecendo que tiñan o partido de cara (28-17)

Pero nada máis lonxe da realidade. Comezou o terceiro periodo cun parcial de 0-16 para os xogadores de Diego Fernández, que lle deron a volta ó marcador en 5 minutos de xogo. Aumentaron máis aínda a intensidade defensiva e os de Arteixo non estaban acertados na toma de decisións (demasiados botes para superar a presión defensiva dos cambreses), non chegando a poder lanzar á canastra en bastantes ataques. Finalizou o terceiro periodo con vantaxe para os visitantes (34-39)

O último periodo foi moi intenso. Os de Cambre seguían por diante do marcador e os de Arteixo trataban de recortar distancias pero non conseguían anotar nas súas penetracións, nin aproveitaron a gran cantidade de tiros libres dos que dispuxeron. A intensidade defensiva de ámbolos dous equipos seguía a ser moi elevada, polo que o marcador pouco se moveu ó rematar o partido (8-8). Os cambreses mantiveron a súa vantaxe no marcador e conseguiron levarse o partido (42-47)

Bo partido dos xogadores de Germán Lozano, que teñen que mellorar na saída da presión mediante pases e na efectividade nos tiros libres (13/31). Hai que manter a mesma intensidade nos partidos e nos adestramentos para seguir mellorando o xogo individual de cada un e do equipo.

Por parte do C.B. Arteixo xogaron Darío (9), Natahel (2), Diego Felípez (2), Miguel (0), Leo (0), Iván (2), Edu (7), Eloy (3), Diego Pérez (2) e Fabián (15)
Non xogaron Juanlu e Jacobo por lesión
Adestrador: Germán Lozano

Por parte do C.B. Cambre xogaron Loureiro (0), Cabado (8), Pensado (3), Bocelo (15), Fernández (11), Bermúdez (1), Galego (0), Vázquez (4), Bello (0) e Rodríguez (5)
Adestrador: Diego Fernández


A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo rendirá visita ó Liceo La Paz, equipo que está invicto con 4 victorias e 0 derrotas. O partido disputarase, se non hai cambios, o sábado 30 de novembro ás 16:00 horas no Colexio Liceo La Paz

No hay comentarios:

Publicar un comentario