lunes, 18 de noviembre de 2013

Infantil masculino: C.B. As Pontes 89 - 17 C.B. Arteixo

Partido correspondente á cuarta xornada da 2ª división infantil masculino, disputado no Pavillón Municipal de As Pontes o sábado ás 10:30 horas, onde os xogadores de Iván García se enfrontaban ó lider invicto da competición

89-17  (25-0 / 21-7 / 21-5 / 22-5)

Dende o comezo puidose comprobar que non sería unha mañá fácil para o equipo de Arteixo. Os de As Pontes comezaban a toda velocidade o partido con rápidos contraataques e con superioridade física no rebote. Sen embargo, os de Arteixo movían ben o balón anque o acerto de cara ó aro era nulo

O segundo periodo discurría polos mesmos derroteiros, anque o acerto de cara ó aro por parte do equipo visitante subiu un pouco.

A volta do descanso non trouxo grandes melloras á pista, unha mala defensa do 1x1, perda de numerosos rebotes e o que é máis preocupante, indecisión no ataque.

En definitiva, un pequeño parón na progresión dos xogadores de Iván García, que para nada teñen que darse por vencidos. Hai que destacar que eles eran un equipazo co que todo se fai moito máis complicado. Toca traballar máis e mellor y redoblar esforzos por parte de todos.
Ánimo rapaces!!! Esto acaba de comezar!!!

Destacar o xogador local número 21, que anotou 27 puntos en 25 minutos de xogo. Xogador de 1,82 moi moi bo, que non anotou máis puntos porque non quixo

Por parte do C.B. Arteixo xogaron Raúl, Simón, Saúl, Dani, Hugo, Jacobo e Fabio

Adestrador: Iván García


A vindeira semana, o C.B. Arteixo recibirá ó ACB Costa da Morte de Cee o domingo ás 17:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo na busca da primeira victoria da tempada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario