jueves, 14 de noviembre de 2013

Horarios para o 16 e 17 de novembro

Esta fin de semana por fin entran en competición tódolos equipos do club. Esta semana tócalles debutar ós máis pequenos, ó equipo Benxamín mixto adestrado por Víctor García.
O equipo benxamín está encadrado no grupo Coruña C xunto co BCA Eusebio da Guarda, Jesuitinas, Coreti Etiquetas, Jesuitinas B, Artai C, Jesuitinas C, BCA 05, Pedro Barrié de la Maza Sada, Salgado Montrove B, Compañía de María B, Obradoiro, BCA Cristo Rey e E.B. A Laracha B. Os partidos disputaranse por concentración en A Coruña.

Os partidos para esta fin de semana son os seguintes:

2ª división senior masculino  7ª xornada  C.B. Celtas - C.B. Arteixo
Sábado  18:00 horas  Pavillón de Torques-Marzán (Foz)
Buscarán de novo os xogadores de Fran Lozano a ansiada primeira victoria da tempada ante un equipo que a pasada tempada finalizou en segunda posición do grupo norte, pero que nesta non remata de arrancar coa claridade da tempada pasada.

4ª división senior masculino  4ª xornada  C.B. Arteixo - ACB Costa da Morte
Domingo 17:00 horas  Pazo dos Deportes de Arteixo
Tamén os xogadores de Germán Lozano buscarán estrear o seu casilleiro de victorias ante o outro equipo do grupo que aínda non coñece a victoria. Prevese un partido igualado xa que os de Cee son un equipo xoven con axuda duns poucos veteranos.

2ª división junior masculino  5ª xornada  BCA 96 - C.B. Arteixo
Sábado 18:00 horas  Polideportiva de Riazor 2
Intentarán os xogadores de Germán Lozano continuar coa racha de dúas victorias consecutivas grazas ó bo xogo e á intenisidade amosada nas pasadas semanas. Enfronte terán un complicado equipo que aínda non coñece a victoria, pero que se enfrontou ós tres primeiros clasificados nas tres primeiras xornadas

2ª división cadete masculino  6ª xornada  Maristas Coruña - C.B. Arteixo
Sábado 12:00 horas  Colexio Maristas A Coruña
Visitan os xogadores de Arkaitz Collazo unha difícil pista e a un equipo que ven de gañar dous partidos consecutivos, xusto ó contrario que os de Arteixo. Continuar coa liña de esforzo e de xogo será moi importante para ter opcións de gañar o partido.

2ª división infantil masculino  4ª xornada  C.B. As Pontes - C.B. Arteixo
Sábado 10:30 horas  Pavillón Municipal de As Pontes
Visitan os xogadores de Iván García un equipo que se está amosando intratable neste comezo de competicion, xa que conta os seus partidos por amplas victorias (a mínima diferenza foi de 23 puntos). Difícil papeleta, pero que con traballo e intensidade se pode competir e ter opcións de conseguir a victoria

2ª división infantil feminina  2ª xornada  Maristas Champagnat - C.B. Arteixo
Domingo 11:15 horas  Elviña 2 (A Coruña)
Segundo partido para as nenas de Andrea, que desta vez poderá contar con todas as nenas á súa disposición, co obxectivo de seguir traballando e mellorando para conseguir a segunda victoria da tempada ante un equipo que ven de perder na primeira xornada ante Obradoiro

Preminibasket masculino  1ª xornada  C.B. Arteixo - BCA Eusebio da Guarda
Sábado  17:15 horas A Sardiñeira (A Coruña)
Debut para os máis pequenos do club. Será o primeiro partido de baloncesto que xoguen case tódolos compoñentes do equipo. O gran obxectivo do partido é que os nenos e nenas o disfruten e, se pode ser tamén, que se leven a victoria no seu primeiro partido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario