lunes, 21 de octubre de 2013

Senior 4ª división: CDR Ferrol 85 - 42 C.B. Arteixo

Partido correspondente á primeira xornada da 4ª división masculina entre o CDR Ferrol e o C.B. Arteixo disputado o domingo ás 10:00 horas no Pavillón Javier Gómez Noya de Ferrol.

Xa dende o comezo do partido, os locais estaban máis concentrados no xogo o que, unido á súa calidade, facía que se mostrasen as primeiras diferenzas no marcador. Despois dun tempo morto, a imaxe dos arteixáns cambiou, pero o esforzo seguía a ser insuficiente para paliar o xogo ferrolán. Finalizou o primeiro periodo cun 23-9 no marcador.

No segundo periodo, pouco cambiaron as tornas. Os locais seguían a facer o seu xogo e aumentaban a diferenza no marcador. O xogo dos arteixáns melloraba, pero non eran capaces de soster o ataque local nin eran capaces de anotar con certa asiduidade. Chegouse ó descanso 42-18.

Á  volta do descanso pouco cambiou, os arteixáns seguían sendo incapaces de seguir o xogo local, aumentando a diferenza no marcador ata os 40 puntos (68-27)

No último periodo, os locais non fixeron máis sangue no marcador, baixaron a intensidade e os arteixáns evitaron que a vantaxe no marcador fose escandalosa. Finalmente o marcador sinalaba un 85-42.

A vindeira semana, o C.B. Arteixo disputará o seu partido como local. Será o domingo ás 19:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo ante IDEFIC.


Por parte do CDR Ferrol xogaron Fernández (18), Ansede (6), López (0), Yáñez (11), Maneiro (6), Dopico (31), Piñeiro (6) e Jove (7)
Adestrador: Roberto Rivera

Por parte do C.B. Arteixo xogaron Cotelo (2), Juan (2), Juan Carlos (2), Manu (2), Pavo (9), Víctor (8), David (1), Arkaitz (2), Dylan (6), Adrián (2), Pablo (6) e Dany (0)
Adestrador: Germán Lozano

Árbitros: M. Gutiérrez e A. Santos

No hay comentarios:

Publicar un comentario