lunes, 21 de octubre de 2013

Senior 2ª división: Compañia de María 66 - 51 C.B. Arteixo

Partido correspondente á terceira xornada da 2ª división masculina, disputado o sábado ás 20:00 horas no Colexio Compañía de María de Santiago.

Nova derrota para o equipo dirixido por Fran Lozano. Presentábase o equipo en Santiago despois de perder na casa o primeiro partido, coa idea de resarcirse desta derrota, pero non puido ser.

O partido comezou cos dous equipos un pouco fríos e pouco a pouco foron asentándose e anotando con cerca facilidade, pero sen acadar ningún dos dous equipos unha diferenza grande para distanciarse no marcador. Rematou o primeiro periodo 20-15 a favor dos locais.

O segundo periodo foi nefasto para os arteixáns. O equipo só foi capaz de anotar 6 puntos, estando case 8 minutos sen anotar e case sen tirar á canastra, debido ás numerosas perdas de balón que propiciaban canastras moi fáciles para os locais. O equipo xogou sen "chispa" e así ó descanso xa había unha diferenza de 15 puntos (38-23).

Non melloraron as cousas moito no terceiro periodo, e a esto uníaselle a recaída de Manu da súa lesión nos isquiotibiais, que non puido continuar xogando o encontro. Despois de chegar a estar 20 puntos abaixo, unha serie de boas defensas recortaron a diferenza ata os 11 puntos, pero outra vez as perdas de balón volveron a poñer ós locais con 19 puntos de vantaxe, cehgando ó final do periodo cunha vantaxe de 20 puntos (55-35).

No último periodo, os arteixáns intentaron darlle a volta ó marcador, pero non foron capaces de rebaixar máis de 5 puntos a distancia, chegándose ó final do partido 66-51, 15 puntos que deixan á vista que os arteixáns non realizaron un bo partido e perderon con claridade.

A próxima semana, volverán os arteixáns ó Pazo dos Deportes de Arteixo para xogar contra La Salle-Arzúa. O partido será o domingo ás 12:00 horas. Prevese un partido difícil xa que os santiagueses están na primeira posición da clasificación con 3 victorias e sen coñecer a derrota.


Por parte do Compañía de María xogaron Pavón (0), Paz (13), Aldrey (0), Isequilla (6), Brusco (1), Arcas (-), Souto (20), Cerro (-), Zas (17), López (9) e Rey (0)
Adestrador: Manuel López

Por parte do C.B. Arteixo xogaron Ramón (6), Rober GArnelo (2), Álex Ocampos (7), Guille (7), Manu (5), Lute (7), Rober Vilariño (17), Manu Rey (-) e Fabián (0)
Adestrador: Fran Lozano

Árbitros: Guillermo Ríos e Manuel Seijo

No hay comentarios:

Publicar un comentario